Partido moi competido por parte dos burelenses que se viron sometidos por un impoñente Pozo Murcia
Burela, 1 de novembro, 2024. O conxunto masculino do Pescados Rubén Burela FS afronta o seu segundo partido fóra de casa con outro dos rivais máis duros da categoría nesta 1ª división de futsal, Elpozo Murcia Costa Cálida, no Palacio de Deportes de Murcia, esta noite de defuntos ás 21.00h cun resultado final 4-1.
Na primeira parte moito ritmo e xogo de balón, con moita presión por parte dos locais, sobre todo nos primeiros minutos, e bo aguante dos burelenses que procuran non permitir pasar de media-pista aos murcianos. Tras dúas boas intervencións de Michal, unha no minuto 2 e outra no 5, a dous disparos de Marcel e Ricardo chega o 1-0 tras un erro nunha saída de do porteiro polaco, que deixa a portería soa e perde o balón ante Rafa Santos case a media pista, aproveitando o xogador brasileiro para metela na portería visitante cunha volea. Tras un primeiro tempo morto pedido por David Rial o Pescados Rubén procura buscar un xogo máis ofensivo aínda que custándolle chegar á portería defendida por Juanjo, pero que os obedientes pupilos do técnico santiagués logran manter as súas indicacións durante os próximos minutos, buscando o ataque e conseguindo manter a presión especialmente nos minutos 14 e 15. Tras ver a unha mellor versión do Burela, Daniel Martínez pide tempo morto no minuto no minuto 17 para dirixir aos seus xogadores cara a unha actitude máis conservadora de cara ao descanso. Pero nuns segundos, Felipe métea desde case o bordo da área cun gran disparo que nun primeiro momento parece deter o noso muro polaco, Michal, pero que finalmente se lle escapa das mans excedendo a liña de meta. Téntao Alberto nos últimos segundos desde case a posición do porteiro nun disparo de Araya que non consegue desviar a portería na loita con Juanjo que a saca a córner na última xogada da primeira parte.
Fogoso inicio da segunda parte na que comeza salvando o terceiro Kaluza e case logra marcar o primeiro para os burelenses Juninho tras o despexe de Michal nesa primeira acción da segunda parte. Continúa tentándoo o Burela cun Juninho con máis protagonismo que na primeira parte e que logra chegar a portería nun par de ocasións nos primeiros dous minutos. Pau de Felipe no minuto 22 nun disparo impecable desde a banda dereita e outro máis, esta vez de Gadeia, dous minutos despois. Volve salvar Kaluza sacándoa co pié a córner a un disparo cruzado de David Álvarez no minuto 26. Paradón incrible de Michal que a saca por encima do traveseiro a outro trallazo maxistral de Felipe que se vai de Meira e dispara desde a frontal nunha boísima xogada individual. Chega o terceiro dos locais no 27, esta vez David Álvarez conségueo cun disparo desde o bordo da área tras unha preciosa deixada de Rafa Santos. Continúa o xogo con boas accións por parte de ambos conxuntos manténdose o resultado ata os últimos minutos nos que David Rial opta polo xogo de 5, desde o minuto 35, e revolvendo este final de partido no que se producen dous goles; no 38 o primeiro do Pescados Rubén Burela FS nunha acción de porteiro-xogador na que Juninho a coa recibindo o balón xunto ao pau a un pase de Meira. Segundos despois Marcel aproveita un erro nunha saída de balón de Isma e métea cun tiro imparable desde o bordo da área, sentenciando o partido.
Partido emitido por Teledeporte que ademais tamén retransmitirá o encontro do equipo feminino deste mesmo club, mañá ás 11.00h ante o MRB Móstoles FSF. Sendo os dous partidos emitidos pola cadea pública en Primeira División de Futbol Sala e Primeira División Iberdrola FS este fin de semana.
O vindeiro sábado día 9 o Pescados Rubén Burela FS recibirá na casa, neste duro comezo de tempada en primeira, ao Illes Balears Palma Futsal ás 12.00h.
Ficha Técnica ElPozo Murcia Costa Cálida 4-1 Pescados Rubén Burela FS
El Pozo Murcia Costa Cálida (4): Juanjo; Ricardinho, Marcel, César, Gadeia -quinteto inicial-, Esteban, Marlon, Felipe, Ricardo, Rafa Santos, David Álvarez. Entrenador: Daniel Martínez.
Pescados Rubén Burela FS (1): M.Kaluza; Araya, Rikelme, Isma, Malaguti -quinteto inicial-, Alberto, Quelle, Charly, Pitero, Juninho, Meira. Entrenador: David Rial.
Goles: 1-0, min.2: Rafa Santos. 2-0, min.18: Felipe. 3-0, min.27: David Álvarez. 3-1, min.38: Juninho. 4-1, min.39: Marcel.
Árbitros: Samuel Gabaldón Rico, Óscar Ropero Lara, Adrián Moniño Pedreño, Beatriz Riquelme Rocamora.
TA: César, Rafa Santos, Araya, Meira, Isma, Tulio García (Fisioterapeuta Burela FS)


























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.


