Trátase dunha iniciativa de dinamización comercial que se desenvolverá do 2 ó 27 de novembro con 42 negocios participantes
Viveiro, 2 de novembro de 2024. A Asociación de comerciantes do Centro Histórico de Viveiro pon en marcha a campaña Rasca e Gaña con 20.000 premios.
Este tipo de tarxetas con premios son un incentivo promocional moi exitoso, e cumpren un dobre obxetivo, por un lado fomentar as ventas no comercio local e por outro premiar a fidelidade dos clientes.
Serán un total de 42 negocios participantes de tódolos sectores, polo que os premios serán moi variados.
Participan:
FYM Moda, Dr.Zapato, Kody, Sanjurjo Moda, Kalea, Misstic, Complementos Sulian, Versus, Tacones, Vogue, Pasteleria Vale, Muebles Catá, Bmd, Jonathans, Cesar Cocina y Baño, Biá-Biá, Nacar, Albo Zapaterias, Albo 55 Sneakers, Calzados Albo, Carlos Fotógrafos, Mimimó, Cobelinha, Optica Rosario, Tejidos Rogelio, Van Surf, Van Surf Sneakers, Africa Copias, Oscar Joyeros, Confecciones Justo Vazquez, Cocolatte, Platax, Sca Masajes, Peluquería Angeles Salgueiro, Latitud Doce, Mesón A Ria, Fusión Cafetería, Delicias De Belkis, Cornelius Taberna, Pulpería O Panadeiro e Cafetería Cantábrico.
Poderanse atopar con premios como un porcentaxe de desconto nas próximas compras, descontos en sesións de estudio de fotografía, en masaxes, en experiencias en salóns de peiteados, ou en produtos de coidado do cabelo, ou premios como gafas de sol, téxtiles de cociña, reloxos, pendentes, alfombras de baño, regalos sorpresa, entradas de cine, cafés, cervexas, almorzos completos, merendas, hamburguesas, tostas, batidos, cubatas, ceas, botellas de viño, e moito mais. Unha gran variedade de premios, que serán un total de 20.000, a desfrutar ata o 27 de novembro, dia en que finaliza esta campaña.
O rascas serán entregados cas compras ou consumicións nos negocios participantes, o cliente que resulte agraciado cun premio deberá canxealo no negocio que indica o rasca. Os premios poden canxearse ou reclamarse ata o 27 de novembro (data máxima) e non son acumulables entre si nin a outras promocións.
Esta campaña conta ca colaboración da Xunta de Galicia dentro das actividades de dinamización dos centros comerciais abertos.
Cabe lembrar, que a partir do dia 4 de novembro a Xunta de Galicia tamén pon en marcha unha nova edición dos Bonos Activa Comercio, polo que é unha fantástica oportunidade para gastar os 30€ dos Bono e nesas compras acadar un premio nos Rascas do CCHV.






















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



