Lugo, 16 de decembro de 2024. O vindeiro venres -20 de decembro – presentarase en Burela a iniciativa de desenvolvemento arredor da produción alimentaria e da sostibilidade A Mariña Lab, promovida por Prato_Do e financiada pola área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
A Mariña Lab configurarase como un instrumento para sensibilizar e formar en relación coa alimentación, a sostiblidade e a soberanía alimentaria no ámbito educativo e apoiar a creación e o desenvolvemento de proxectos produtivos neses ambitos, a través de encontros e accións coordinadas entre axentes do sector agroalimentario.
O deputado de Rural Daniel García explicou que “a presentación Burela será o punto de partida para a posta en marcha dunha iniciativa que ofrece recursos de formación, asesoramento e sensibilización para desenvolver o potencial produtivo da comarca no ámbito agroalimentario” e destacou “a importancia de abordar esta cuestión a nivel comarcal, tendo en conta a nosa estrutura social e económica”
A presentación, no auditorio municipal de Burela, articúlase en dúas partes, cunha primeira sesión -de 10 a 11 horas – que contará coa participación do alumnado de FP dos IES Monte Castelo e Perdouro de Burela e unha segunda -de 11 a 12 horas – na que se presentará a iniciativa a axentes do territorio e se establecerá un coloquio sobre as oportunidades, desafíos e proxectos que desenvolven as potencialidades do territorio para avanzar na transformación do sistema alimentario.



























A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.


