A Mariña, 27 de decembro de 2024. A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense fai un balance moi positivo do traballo desenvolvido ao longo deste 2024. O vindeiro ano será cando se comecen a visibilizar os resultados dos proxectos de maior investimento dentro do Plan de Sostibilidade Turística.
A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, sinalou que “o 2024 foi un ano de traballo moi intenso no que a meirande parte das accións previstas no Plan de Sostibilidade Turística na Mariña foron postas en marcha. Un plan que se comezaba a executar en 2022 cunhas liñas xerais de intervención e que se foi definindo en actuacións moi concretas -despois dun meticuloso traballo de colaboración e coordinación cos axentes públicos e privados locais- co obxectivo de que o investimento no territorio sexa o máis eficiente posible e favoreza un crecemento turístico sostiblecapaz de aportar valor e xerar novas oportunidades de traballo na Mariña”.
Imaxe de marca turística e de territorio
O ano comezaba cos dezaseis Concellos da Mancomunidade unidos presentando a nova marca turística e de territiro A Mariña. Galicia de Corazón, nun acto ao que acudiron centos de persoas. Unha marca sólida e actual con capacidade para competir con outros destinos de España e que foi presentada en FITUR 2024 xunto á campaña A Mariña. Toma o teu tempo. Sobre esta campaña realizáronse dúas ondas de inversión en medios on line e offline en primavera e outono para atraer a novos segmentos de mercado e favorecer a desestacionalización do destino.
Produtos desestacionalizadores da actividade turística
Co obxectivo de sumar argumentos de visita aos viaxeiros fóra de tempada e difundir a riqueza do patrimonio natural do territorio entre a poboación local, desde finais de decembro de 2023 e ata setembro deste 2024, desenvolveuse un programa de xeoturismo que ofreceu actividades xeoturísticas para o público en xeral e de formacións para guías, empresas e técnicos, capitalizando os incríbles recursos xeolóxicos da Mariña.
En xuño presentábanse ante un nutrido grupo de persoas as novas Audioguías Ficcionadas para Xove e Burela, que se incorporan ás xa existentes. Hoxe son nove as audioguías que aportan unha mirada única sobre o noso patrimonio. Tamén a inicios do verán presentábase o Plan Director de Turismo Gastronómico da Mariña, que define a folla de ruta para o desenvolvemento do turismo gastronómico na comarca e que deu impulso á creación do novo Colectivo de Gastronomía da Mariña, que aglutina a axentes de toda a cadea de valor da gastronomía local.
En setembro, outubro e novembro a Mancomunidade retomou as actividades de xeoturismo con novidades moi especiais como a saída en barco ao Fuciño do Porco guiada por un xeólogo, e foron presentados o programa A Mariña. Plans con Corazón, 16 rutas e visitas guiadas polos 16 concellos da comarca e a experiencia piloto A Mariña. Obradoiros con corazón, propostas ambas que encheron as fins de semana e festivos de outubro e novembro dunha oferta única e diferencial nestes meses de menor actividade turística.
Creando sinerxias e coñecemento cara un turismo sostible
En marzo facíase oficial o acordo de colaboración entre as Mancomunidades da Mariña e Ferrolterra con Galicia Destino Sostible (Clúster Turismo de Galicia) para integrar neste club de produto aos aloxamentos da Rede Turismo Slow Norte de Galicia e, durante todo o ano, participouse no proxecto nacional do Corredor de Ecoturismo da España Verde que favorece o acceso de oferta turísticada Mariña vinculada á Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón á conformación de produtos sostibles de promoción internacional.
En xuño a Mancomunidade matiña reunións coas principais administración públicas afectadas por proxectos de sinalización do PST e comezaba outubro participando en actividades tan interesantes como os parladoiros do GALP, onde se presentaba o Colectivo de Gastronomía da Mariña ou o foro de análise da FCAM sobre as vivendas de uso turístico e mais adiante no VII Congreso Nacional de Ecoturismo que tivo lugar no xeoparque do País Vasco entre os concellos de Zumaia, Deba e Mutriku, onde se trataron casos prácticos de interese de estudos de capacidade de carga, entre outros.
No mes de xullo comezábase a traballar na instalación dos contadores de persoas para os Estudos de Capacidade de Carga en 11 lugares de especial fraxilidade da Mariña, un proxecto que busca contribuir da man dos Concellos á correcta xestión do turismo no territorio con propostas e medidas a aplicar nun medio prazo.
Ao longo do ano mantivéronse numerosas reunións de traballo cos concellos e mais concretamente co personal das oficinas de turismo municipais para, entre outras cousas, poñer en marcha o programa Infotourist e facilitar así a recollida de informatión estatística homoxénea e conxunta, con motivo da Semana Santa facíase entrega de tablets para facilitar o seu uso, ou revisar e validar as propostas de actuacións para a homoxeneización da imaxe nas oficinas de turismo.
Turismo de calidade e colaboración público – privada
En abril, comezábase un novo ciclo do Sistema Integral de Calidade Turística na Mariña dando acceso a 16 novos servizos á formación e avaliación correspondentes e permitindo que hoxe a Mariña conte con 42 empreas e servizos distinguidos co Compromiso de Calidade Turística SICTED, dando recoñecemento ao seu traballo pola mellora conxunta do destino.
No contexto do SICTED tamén foi organizada en xuño a Xornada Asociacionismo e Gobernanza Turística con destinos pioneiros no ámbito da xestión turística e no mes de novembro tivo lugar a xuntanza da Mesa de Calidade, espazo de encontro e reflexión de representantes dos sectores público e privado desde o que se propuxo a distinción de 14 novos servizos.
E acabou de cociñarse AMODO xunto ao Colectivo de Gastronomía da Mariña, que congregou entre o 1 e o 3 de decembro na Mariña a un destacado grupo de xornalistas e especialistas do mundo da gastronomía para compartir unha xornada aberta de conferencias e coñercer de primera man os recursos e activos gastronómicos do noso territorio. Neste contexto tamén foi entregado o I Premio Merlín a Lucía Freitas, como recoñecemento ao seu inspirador proxecto Amas da Terra.
Preparando o novo ano
A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, contou que “agora en decembro desde a Mancomunidade estamos pechando o ano preparando a participación en FITUR; a colaboración co portal de ocio de referencia Festigaleiros para a promoción da extensa axenda de festas e eventos da Mariña; unha formación en ornitoloxía no mes de febreiro; un encontro de observación de natureza en torno á xeoloxía, ornitoloxía e botánica do territorio con interesantes colaboracións e proxección nacional; ou un convenio coa Universidade da Coruña para a creación do Observatorio de Turismo Sostible da Mariña”.
López explicou que “desde a Mancomunidade, ao igual que acontece no resto de administracións coma no caso dos Concellos, ao tempo que se van desenvolvendo actuacións con certa visibilidade para o territorio, durante 2024 tamén se continou a traballar entorno a proxectos menos visibles polo de agora e que tenen que ver co deseño e redacción de proxectos como o Centro de Interpretación e Ruta Pardo de Cela, o Camiño do Mar, a Rede de Rutas de Sendeirismo da Mariña, o Centro BTT ou outros que van representar unha auténtica oportunidade para o desenvolvemento sostible do turismo na Mariña. Durante este novo ano será palpable no territorio a execución destes motivantes proxectos”.
A xerente do Plan de Sostibilidade Turística da Mariña, Tania Hermida, agradece “a implicación e colaboración amosada durante estes meses polos Concellos e polo sector privado da Mariña. Agardamos que este espíritu de traballo colaborativo e unión de forzas se manteña no tempo, ao igual que se manteña e incremente o compromiso do resto de administracións e entidades xa que, como acontece con outros destinos, o seu apoio será chave para consolidar o modelo de turismo sostible ao que aspira o territorio”.




















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



