Lugo, 3 de decembro, 2024. Ningún Aro Sen Rede, un proxecto que xorde da alianza entre a UNED de Lugo, a Fundación Breogán e a empresa Ecoballution rematou a súa III edición achegándose aos colexios CEIP As Nogais e CPI Uxío Novoneira de Pedrafita do Cebreiro.
A iniciativa xorde da idea de lograr as sinerxías necesarias para proveer a aqueles centros escolares que o demanden de redes de baloncesto artesanais, recicladas e sostibles por ser feitas a partir de residuos de redes de pesca.
Durante o desenvolvemento do proxecto, as entidades fundadoras fixeron visitas aos centros educativos para pór en marcha a actividade e animar ao alumnado a participar activamente no mesmo mediante a reciclaxe de material de escritura.
A primeira parada foi en As Nogais, onde os estudantes de Educación Primaria e Infantil asistiron á actividade que foi impartida polo Director da Fundación, Luis Abel, e o biólogo da UNED, Alejandro Rodríguez, en compañía da mascota do Club Baloncesto Breogán, Maximus.
A segunda parada foi no CPI Uxío Novoneira de Pedrafita do Cebreiro, onde agardaba o alumnado de Educación Infantil, de Educación Primaria e da ESO, tendo a oportunidade de coñecer a Maximus e aos integrantes da expedición de Ningún Aro Sen Rede.
Durante o transcurso da actividade, Luis Abel e Alejandro Rodríguez expuxeron o obxectivo do proxecto, explicando o proceso de elaboración das redes de Ecoballution e a relevancia de promover a reciclaxe que facilite a xestión de residuos, así como un segundo uso dos mesmos. Logo dunha breve introdución teórica, comezou a parte lúdica da xornada, na que os estudantes e mestres participaron en competicións de baloncesto nas que obtiveron agasallos que manteñen a filosofía sostible do proxecto e que foron entregados polo club e pola universidade.
O fin da iniciativa consistiu en exemplificar o concepto de economía circular, fomentando e difundindo algúns dos principios e valores recollidos na Axenda 2030 das Nacións Unidas e os seus 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
Tras o éxito acadado na presente edición, os organizadores de Ningún Aro sen Rede planean desde xa a IV edición do proxecto.



















Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



