Foz, 15 de decembro de 2024. AciaFozCCA sortea 6.000 euros en premios ao longo deste Nadal. O 8 de xaneiro dez desexos faranse realidade.
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, explica que “son tres as campañas que estamos a desenvolver e nas que estamos a participar. O primeiro sorteo de 4.500 euros en premios terá lugar o 18 de decembro na praza Conde Fontao, entre as cinco e as oito. Alí agárdanos unha tarde chea de sorpresas e actividades. Ás cinco e media haberá unha actuación infantil, ás 18:00 horas terá lugar o sorteo de 500 euros, para as 18:30 horas está prevista unha chocolatada, ás 19:00 horas teremos o sorteo de 1.000 euros e ás 20:00 horas cun bingo será o sorteo de 3.000 euros. É unha forma excelente de iniciar o Nadal en Foz”.
Paleo contou que “hai outros 500 euros en xogo, que serán para as persoas que atopen as sete bólas do dragón agochadas no alumeado de Nadal de Foz. Hai de tempo ata o 4 de xaneiro. O dragón Sheron aparecerá e os Reis Magos entregarán os regalos aos agraciados nesta campaña”.
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, subliñou que “o 8 de xaneiro faremos realidade dez desexos. Imos sortear ese día dez premios de 100 euros en vales de compra cada un, entre todas as persoas que fixeron as súas compras por importe superior a 10 euros nos establecementos asociados entre o 13 de decembro e o 6 de xaneiro”. O sorteo será a través de Radio Foz.
Paleo engadiu que “os máis pequenos da casa poden achegarse aos comercios de Foz a recoller as cartas para escribirlles a Papá Noel e aos Reis Magos. E neste Nadal desde AciaFozCCA repartimos alfombras para decorar os comercios e tamén cartelería especial”.
E aproveitou a ocasión para desexar unhas felices festas: “agardamos que nestas datas tan especiais a clientela siga confiando no comercio local para as súas compras”.
No acto de presentación da campaña de Nadal participaron o presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, o alcalde focense, Fran Cajoto, e a concelleira de Comercio, Kathy Navarro.
AciaFozCCA conta coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz.












O sábado terá lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
Reyco Burela FS convoca a todos os socios e socias á Asemblea Extraordinaria que se celebrará o martes 28 de abril no salón de conferencias de Burela (antiga biblioteca) nunha primeira convocatoria prevista para as 20.00 h. e segunda para as 20.30 h. O acceso será única e exclusivamente para socios e socias, que deberán asistir á xuntanza co carné de socio/a e o DNI. Orde do día: 1. Lectura e aprobación da acta anterior. 2. Situación económica xeral. 3. Procedementos xudiciais contra o club. 4. Accións adoptadas para a continuidade do club. 5. Rogos e preguntas
O acto está organizado pola A.C. Francisco Lanza e contará coa participación de Dores Fernández Abel, en representación da entidade, xunto co autor da obra. Duarte Correa xa visitara Ribadeo no ano 2022 para ofrecer unha charla sobre a situación política internacional, centrada daquela na guerra de Ucraína. Nesta nova ocasión, o público poderá volver seguir a súa capacidade de análise e síntese, que lle permitirá ofrecer unha visión actualizada dun contexto xeopolítico en constante transformación.
A parada principal foi Cee, onde a expedición foi recibida no Museo Fernando Blanco, afondando nos vínculos históricos entre ambos municipios. Durante a visita, o director do centro destacou a “dobre conexión” entre Ortigueira e Cee, lembrando a figura de Manuel Rebollar, músico ortegán que dirixiu a Banda de Música de Cee entre 1927 e 1940. O recordo ao artista foi un dos momentos máis emotivos da xornada, ilustrando os lazos culturais que unen ás dúas localidades desde hai case un século.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 24 de abril na Casa do Concello (Cervo) ou na Casa da Cultura (San Cibrao). A actividade está dirixida a persoas pensionistas empadroadas no municipio. Trátase dunha xornada pensada para compartir, celebrar e desfrutar en comunidade.



