Foz, 24 de decembro de 2024. O vindeiro xoves, 26 de decembro, as gañadoras da campaña Regala Nadal, Merca en Local, que tivo lugar hai uns días en Foz, consumirán os seus premios nunha tarde de compras.
O pasado 18 de decembro na Festa de Nadal celebrada en Foz dentro da campaña Regala en Nadal, Merca en Local, celebrouse o sorteo en directo de tres tarxetas prepago por valor total de 4.500 euros para gastar nunha xornada de compras nos establecementos asociados.
As agraciadas foron:
– Ángeles Agrelo Vila: Tarxeta de 500 euros, a gastar nun mínimo de 3 establecementos
– Tamara Suárez Peláez: Tarxeta de 1.000 euros, a gastar nun mínimo de 5 establecementos
– Beatriz Lestegás Pacheco: Tarxeta de 3.000 euros, a gastar nun mínimo de 8 establecementos
A xornada de compras terá como punto de partida o Concello de Foz ás 16:30 horas do vindeiro xoves, 26 de decembro. As afortunadas estarán acompañadas do deputado provincial e alcalde de Foz, Fran Cajoto; José Carlos Paleo, presidente de AciaFozCCA; e Luis Fernández, secretario xeral da Federación Galega de Comercio.
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, sinala que “o sorteo do pasado 18 de decembro culminará este xoves, día 26, coas compras nos establecementos asociados por parte das tres gañadoras das tarxetas prepago. Un total de 16 poderán ser os negocios que se beneficien, como mínimo, desta importante campaña, xa que as afortunadas terán que consumir eses cartos nun mínimo de tendas cada unha delas. Deste xeito o que facemos é dinamizar ao máximo posible o comercio de Foz nunha época tan importante como a do Nadal”.












O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



