Ribadeo, 13 de xaneiro de 2025. Acisa fai un balance moi positivo da XIV Festa do Comercio, que reuniu o pasado sábado a máis de 3.000 persoas en Ribadeo. Na cita foron sorteados un viaxe a Mallorca para dúas persoas, 6.000 euros en vales de compra, e dúas xoias.
Na quenda de intervencións a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, explicou que “o 35 aniversario desta asociación culmina co sorteo dunha viaxe a Mallorca, porque unha das primeiras directivas que tivo Acisa xa mandou naqueles inicios a varias persoas a este destino. E por iso nos fixo ilusión rematar deste xeito un ano de celebracións. Ademais dos 6.000 euros en vales de compra para dinamizar o comercio e a hostalería ao longo das vindeiras semanas, un reloxo e unha xoia”.
Acisa deu as grazas a todo o persoal municipal que fixo que a montaxe na carpa instalada na Avenida Rosalía de Castro estivese lista para a Festa do Comercio, á Policía Local, a Protección Civil e ao xerente do colectivo empresarial, Jesús Pérez.
Carmen Cruzado agradeceu a colaboración da iniciativa privada: “moitas grazas ao noso patrocinador principal neste evento a BeOne e ao seu CEO, Roberto Ramos, así como a Gestión Gratelu e Multitrasteros e ao seu responsable, Pablo Posada, pola súa colaboración con esta cita e con outras que virán”. E destacou “o apoio das administracións públicas: Concello de Ribadeo e Xunta de Galicia, xa que sen el non seríamos quen de organizar preto de 50 actividades no 2024 e de colaborar con outras moitas, como tampouco poderíamos repartir materiais gratuítos entre as nosas asociadas e asociados”.
A presidenta de Acisa insistiu en que “os pobos sen tendas (sen comercio, sen hostalería, sen servizos) morren. Está nas nosas mans evitalo. Por iso vos digo unha cousa esta noite: menos compras a golpe de click no móbil ou na tablet a través de grandes plataformas de venda online e máis visitas ás tendas físicas. Eu quédome cos sorriros reais, fronte aos que chegan debuxados nunha caixa. Non digo máis”.
Na Festa do Comercio de Acisa tomaron a palabra o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e o director xeral de Comercio, Gabriel Alén, que felicitaron a asociación polos seus 35 anos e polo traballo que desenvolve para a dinamización do tecido empresarial de Ribadeo.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, destacou “a importancia desta cita, que supón o peche por todo o alto do Nadal en Ribadeo. Repartimos 180.000 rifas desde o pasado 5 de decembro, 10.000 máis que no 2023 e 30.000 máis que no 2022. Ese dato é o indicador da aposta da veciñanza de Ribadeo e de toda a contorna polos negocios locais da nosa vila. Un ano máis impresionan as imaxes que ofrecía a Avenida Rosalía de Castro, ateigada de xente, así como o interior da carpa, chea ata a bandeira. Calculamos que máis de 3.000 persoas asistiron en directo ao sorteo de Acisa e outras moitas puideron seguilo vía streaming a través do facebook da asociación”.
Carmen Cruzado engadiu: “grazas a tod@s por confiar no comercio, na hostalería e nos servizos de Ribadeo. Agardamos que así siga sendo por moitos anos”.
Na entrega de premios da XIV Festa do Comercio de Acisa participaron o alcalde, Dani Vega, a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, o director xeral de Comercio, Gabriel Alén, o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, o CEO de BeOne, Roberto Ramos, o responsable de Gestión Gratelu e Multitrasteros, Pablo Posada, así como @s directivos de Acisa, José Ramón Leal, Trinidad Otero, Manoli Torviso, Virginia Eceiza, a presidenta do colectivo empresarial, Carmen Cruzado, e o xerente, Jesús Pérez.
Asistiron tamén á XIV Festa do Comercio de Acisa concelleiras e concelleiros da Corporación Municipal de Ribadeo así como deputados provinciais e autonómicos. O evento foi conducido polo xornalista Félix Jorquera.




















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



