Viveiro, 5 de febreiro de 2025. A tenenta de alcaldesa de Viveiro, Míriam Bermúdez, fai entrega hoxe dos seus carnés ás 28 persoas colaboradoras autorizadas para a atención e coidado das colonias felinas do municipio.
No ano 2024 esterilizáronse 63 animais como parte desta iniciativa, encadrada no marco do programa municipal de control e benestar animal mediante o método CER, Captura, Esterilización e Retorno.
Os carnés acreditan a participación no programa, que en palabras de Bermúdez é “fundamental para o coidado responsable destes animais, así como para o control da súa poboación mediante métodos éticos e respectuosos”. “Ademais, a súa labor contribúe á prevención de pragas e á mellora da limpeza e hixiene nos espazos públicos”, engade.
A tenenta de alcaldesa quixo agradecer “o compromiso e dedicación destas persoas colaboradoras, cuxa implicación resulta clave para garantir o éxito deste proxecto e asegurar unhas condicións axeitadas para as colonias felinas e para a veciñanza”.
Por outra banda, dende a Tenencia de Alcaldía lémbrase que a alimentación de calquera animal na vía pública sen autorización está prohibida segundo a Lei de convivencia, limpeza e residuos, podendo derivar en sancións para aquelas persoas que incumpran esta normativa.
Todas as persoas interesadas en colaborar no coidado das colonias felinas deben poñerse en contacto co Concello de Viveiro para recibir as instrucións necesarias e obter a correspondente acreditación.
O programa desenvólvese en colaboración coa asociación Colonias Rueiras, entidade que ten asinado un convenio co Concello de Viveiro para a xestión e control das colonias. Para máis información, as persoas interesadas poden dirixirse ás dependencias municipais ou contactar coa área de Medio Ambiente.
“Animamos á veciñanza a colaborar coa asociación Colonias Rueiras, coa que se pode contactar a través das súas redes sociais”, apuntou Bermúdez. “Desde a Tenencia de Alcaldía, seguimos traballando para compatibilizar o benestar animal co mantemento da limpeza e salubridade no noso concello”, concluíu.

























Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



