A Mariña, 15 de febreiro de 2025. O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coas tres universidades galegas –Universidade de Vigo (UVigo), Universidade da Coruña (UDC) e Universidade de Santiago (USC)–, celebrou hoxe a Olimpíada Informática Galega 2025 (OIG 2025) na Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC.
No certame participaron 18 estudantes de educación secundaria –ESO–, bacharelato e formación profesional de grao medio de toda Galicia, procedentes de nove centros educativos e residentes na Coruña (1 participante), Vigo (1), Ribeira (1), Santiago de Compostela (6), Brión (2), Negreira (2), Burela (1), O Porriño (2), Redondela (1), Vedra (1).
Os gañadores foron, en primeira posición, David Lago Alonso, estudante do IES Pedro Floriani de Redondela; e no segundo posto Artai Isasi Vázquez, estudante do IES de Sar de Santiago.
Os premios foron os seguintes:
-1º clasificado: David Lago Alonso. IES Pedro Floriani de Redondela. 400 euros e asistencia á XXIX Olimpíada Informática Española.
-2º clasificado: Artai Asasi Vázquez. IES de Sar de Santiago CPR. 300 euros e asistencia á XXIX Olimpíada Informática Española.
-3º clasificado: Hugo Domínguez Conde (de Vedra). CPR Manuel Peleteiro – Santiago de Compostela. 250 euros.
-4º clasificado: Hugo Gorgojo Basanta. IES Perdouro de Burela. 200 euros.
-5º clasificado: Nicolás Freiría Casal. IES Ribeira do Louro do Porriño. 200 euros.
-Mellor rapaza clasificada: Rocío Pérez-Muñuzuri Fernández. CPR Manuel Peleteiro – Santiago de Compostela. 150 euros.
-Mellor estudante da ESO: Laura Souto Bravos. CPR Manuel Peleteiro – Santiago de Compostela. 150 euros.
Os dous primeiros clasificados na OIG 2025 acceden de xeito directo á fase nacional da XXIX Olimpíada Informática Española (OIE), que se celebrará do 4 ao 6 de abril de 2025 na Facultade de Informática da Universidade da Coruña (FIC) da UDC, primeira vez que a olímpiada española se celebra en Galicia, evento que tamén contará coa colaboración do CPEIG para a súa organización. De aí, os gañadores poderán acceder á 37ª Olimpíada Informática Internacional, que se celebrará do 27 de xullo ao 3 de agosto en La Paz (Bolivia).
A OIG 2025 está patrocinada por diversas entidades e empresas do sector TIC: Apser Cloud Services, AWS, Clúster TIC Galicia, Denodo, Dinahosting, DXC Technology, PuntoGal, GDI, Mindata, Minsait, NTT Data, Oracle, Sixtema e Veritas.






















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.


