Olga García, concelleira do BNG en Castro de Rei “estas emendas sempre foron rexeitadas polo goberno do Partido Popular na Xunta de Galiza”
Castro de Rei, 06 de febreiro de 2025. O Bloque Nacionalista Galego en Castro de Rei a través das súas deputadas no Parlamento Galego leva varios anos presentado como emenda aos orzamentos da Xunta de Galiza a mellora da captación, decantación, depuración e subministro da auga neste concello.
“Chámamos moito a atención que agora o Sr. Balado saía dicindo que vai pedir esas axudas á Xunta de Galiza, ou sexa a mesma proposta que o BNG xa presentou e rexeitaron” expón a concelleira nacionalista.
A incapacidade do alcalde de Castro de Rei non ten límite, sempre estivo na súa man poder solucionar este problema que se repite cada vez que chove, e non é admisible que se lle bote a culpa ás ganderías que están a facer de Castro de Rei un referente no sector agrogandeiro do País.
“Dende o BNG sabemos que con traballo e dedicación se pode solucionar o problema da auga porque nos consta que noutros concellos, onde por certo goberna o BNG, e as zonas de captación tamén son inundabeis, se conseguiu dar un servizo de calidade na subministración da auga” concluíu Garcia

















Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



