Ribadeo, 7 de febreiro de 2025. O próximo mércores, 12 de febreiro, ás 11:00 horas, o Auditorio Municipal será o escenario da obra No solo duelen los golpes, un monólogo autobiográfico da comunicadora e activista feminista Pamela Palenciano. Esta actividade, organizada polo CIM dentro do programa O Concello vos coles, está dirixida principalmente ao alumnado de 3º de ESO do IES Dionisio Gamallo e do Sagrado Corazón, así como a estudantes de Formación Profesional do CIFP Porta dá Auga.
No solo duelen los golpes é un monólogo unipersoal con pinceladas de autoficción que narra a vivencia persoal de Pamela Palenciano na súa primeira relación de noivado, que se tornou violenta ao longo de seis anos. A través da súa experiencia, a autora conéctanos coa historia universal das violencias machistas e a construción de estereotipos que xeran a desigualdade que permite exercer a violencia sobre outra persoa en todos os seus niveis. Utilizando humor acedo, ironía e unha interacción directa co público, Pamela logra xerar conciencia e provocar reflexións profundas sobre a violencia de xénero.
A concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, explica que “aínda que a función está destinada principalmente aos centros educativos mencionados, reserváronse 30 prazas para mulleres que desexen asistir. As interesadas deben poñerse en contacto co CIM para xestionar a súa reserva no seguinte número de teléfono 982120739”.






















Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



