Barreiros, 13 de marzo de 2025. O xacemento arqueolóxico da Roda de Barreiros (GA27005006), situado en Santiago de Reinante, no concello de Barreiros, atópase nun estado de abandono que compromete a súa conservación. Recentemente, membros das asociacións ADEGA e Mariña Patrimonio observaron rodeiras de maquinaria pesada na zona arqueolóxica e na súa contorna de protección, evidenciando o seu uso como plataforma de acopio de madeira. Esta intervención implicou a circulación intensiva de vehículos pesados, agravando o impacto sobre este sitio arqueolóxico.
Escavado en 2006 durante a construción da Autovía do Cantábrico (A8), este xacemento prehistórico do Bronce Medio leva case dúas décadas sen medidas adecuadas de protección nin mantemento. A retirada da capa do solo durante a escavación deixou expostos os estratos arqueolóxicos que, ao careceren de protección fronte aos axentes ambientais e ás intervencións humanas, aceleran a súa deterioración. A recente actividade con maquinaria pesada intensificou a afectación do xacemento, deixando pegadas a escasos metros das súas estruturas arqueolóxicas e comprometendo a súa integridade.
ADEGA e Mariña Patrimonio levan anos denunciando o abandono destge xacemento ante as administracións competentes. En 2013 e 2022 presentaron denuncias perante a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural contra o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, responsable do abandono e degradación do xacemento, tras as escavacións realizadas en 2006.
Os últimos feitos confirman que a protección deste patrimonio segue sen garantías. A maquinaria pesada deixou marcas a menos de tres metros da entrada do recinto, a menos dun metro dunha das catas abertas no foxo e a escasos dous metros do muro do parapeto na zona sur da Roda. Ademais, a 25 metros da estrutura principal, a intervención con maquinaria provocou un importante movemento de terras e o arrincado de piñeiros de raíz, afectando o subsolo da zona protexida.
A conservación do patrimonio arqueolóxico é unha responsabilidade das administracións públicas. É inaceptable que un ben de tal valor histórico leve case dúas décadas deteriorándose sen que se adopten medidas efectivas para a súa preservación.






















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



