A Coruña, a 14 de marzo de 2025. Os traballadores e traballadoras de Vestas Eólica están secundando este venres a segunda xornada de folga en demanda dun convenio colectivo digno. A pesar das presións da empresa, a folga rexistra dun seguimento masivo, con maior afectación entre o persoal de campo onde acada case o 100%. Para darlle máis visibilidade á súa loita os traballadores e traballadoras concentráronse nesta ocasión diante das oficinas que Vestas ten no Polígono da Agrela na Coruña.
A CIG ten convocadas sete xornadas de folga nos centros de traballo de Vestas Eólica en Galiza en resposta á nula vontade negociadora da empresa, que pretende seguir recortando dereitos e empobrecendo os salarios. “Pedimos que haxa un convenio xusto, que paren de precarizarnos, que deixen de fragmentarnos, de compensar e absorber as melloras e de impedir que poidamos conciliar a vida laboral e familiar”, subliñan os traballadores. Denuncian que a nave de Viveiro “foi un auténtico invento da empresa para quitarnos dereitos, pasando ao persoal da Coruña ao convenio do metal de Lugo, de condicións inferiores”.
Explican que os convenios asinados pola empresa e UGT até agora (o que se negocia sería o terceiro convenio propio) “supuxeron conxelar os nosos salarios e empeorar as nosas condicións laborais cada vez máis”. Non parecéndolle abondo, ao inicio desta negociación, a dirección formulou ampliar a flexibilidade, pagar as horas de flexibilidade TOD “a prezos irrisorios”, e unhas condicións económicas que supoñen seguir perdendo capacidade adquisitiva.
Por iso, a representación da CIG critica con dureza a postura de UGT (“o único sindicato co que quere negociar a empresa”) que se prega aos intereses patronais e non á defensa dos dereitos das traballadoras e traballadores. A CIG, indica que o próximo martes hai reunión da mesa negociadora na que se espera que a empresa presente unha contraproposta “á baixa” en resposta á proposta trasladada por UGT.
“Non vemos que haxa avances positivos, pois iso continuaremos adiante coas folgas e as mobilizacións”, avanzou. Abundando nesta cuestión, o persoal critica que a empresa “inventou unha interlocución á súa medida, cunha comisión na que están 13 delegados/as de Madrid que non participan no ámbito do convenio. Ese é un dos grandes problemas que temos, que negocian as cúpulas de costas a nós”, lamentaron durante a concentración.
Fronte a isto, a CIG reclama reclama melloras salariais, manter beneficios sociais como a flexibilidade para o persoal de oficina, que haxa unha revalorización salarial para o persoal de campo, a contención e redución das xornadas anuais, e melloras nas gardas, os reténs e as horas TOD – Tempo Ordinario Dispoñíbel-. Así mesmo, que a flexibilidade teña un carácter voluntario e que estea remunerada de acordo co esforzo que implica para as persoas traballadoras e os problemas que carrexa para a conciliación da vida laboral e familiar.
A chama da loita prendida en Galiza pola CIG (sindicato maioritario) impulsou os traballadores e traballadoras doutros territorios a sumarse á mobilización e convocar folgas e protestas. Así, o persoal de Asturies xa se está mobilizando co persoal galego dende o primeiro día e en Aragón hai convocada folga para o día 21. En Galiza, os seguintes días de folga serán o 17, 21, 24, 28 e 31 de marzo.























Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



