A Mariña, 16 de abril 2025. Na mañá de hoxe, os grupos municipais do BNG de Cervo e Xove presentaron conxuntamente diversas iniciativas relacionadas coa situación da factoría de Alcoa en San Cibrao e anunciaron outras que tenen que ver tamén coa situación económica dos respectivos concellos e a xestión que ao respecto están facendo neles os gobernos municipais do Partido Popular. Así mesmo puxeron de manifesto a necesidade de retomar antigas iniciativas sobre a liberalización do dique norte de Morás, que conta con moitos acordos unánimes en moitas institucións e sedes parlamentarias e tamén a necesidade de reverter o inxusto reparto económico dos fondos para investimentos da Autoridade Portuaria San Cibrao-Ferrol, donde A Mariña sae perxudicada.
A especial dependencia dos concellos de Xove e Cervo da actividadade económica na factoría é un dos temas que máis preocupa, tal como afirmou a edil xovense Pilar Vázquez, que se referíu á situación delicada do concello de Xove polo tema do IAE, donde o concello de Xove non sabe adaptarse á nova realidade, nin é capaz de artellar ningunah alternativa á situación. Algo que tamén corroborou o portavoz cervense Diego Fernández.
Medidas urxentes para a factoría de Alcoa en San Cibrao
O pasado 21 de marzo, concelleiros e concelleiras do BNG de Xove, Cervo e do resto da Mariña xunto co deputado no Congreso Néstor Rego reuníronse cos traballadores da factoría, a petición destes, dada a complexa situación derivada do incumprimento do acordo asinado en febreiro de 2023 para dar viabilidade á planta, sobre todo no referido ao investimento acordado para a obra do forno de cocción de ánodos. As propostas trasladadas polo comité ao BNG concrétanse nos seguintes puntos das mocións e iniciativas que se van presentar nos concellos e no Congreso dos Deputados, e que son: facilitar mediante a concesión de créditos ICO ou calquera outra forma de financiamento público, o investimento para o forno de cocción, así mesmo reclámase que Alcoa cumpra o acordo de viabilidade asinado cos traballadores e reclamar tamén que as administracións convoquen a mesa de seguimento do acordo de viabilidade coa periodicidade acordada e por último que a SEPI se faga cargo da factoría no caso de que Alcoa non cumpra co acordo de viabilidade.
Dique Norte de Alcoa
A multinacional Alcoa tén o uso exclusivo do Porto de San Cibrao. Hai acordos de todas as forzas políticas en todas as institucións para a liberación do dique norte para usos comerciais. E é máis: por parte de Portos de Galicia realizouse un Informe de Viabilidade da apertura do dique norte de San Cibrao-Morás ao tráfico comercial no que se demostra a viabilidade operativa, construtiva, de tráfico e económica. Os nacionalistas de Cervo e Xove afirman que “non entendemos pois as negativas de Psoe e PP cando tiveron ou teñen responsabilidades de goberno no Estado, a realizar as xestións oportunas ante a multinacional para acadar esta infraestrutura tan necesaria”. “Resulta penoso ver como o alcalde de Xove apela á liberación e apertura do Dique Norte nos plenos da Deputación, tal como fixo no pleno de novembro de 2024, sen que faga nada máis ao respecto por liderar esa reivindicación de todo o concello e de toda a comarca” afirmou a portavoz nacionalista en Xove Pilar Vázquez.
Autoridade Portuaria de San Cibrao
Os nacionalistas incidiron novamente na necesidade da creación dunha Autoridade Portuaria propia para San Cibrao, pois Lugo é a única provincia marítima que non ten Autoridade Portuaria Propia. A Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao, con sede en Ferrol nútrese maiormente dos ingresos que xera o porto comercial de San Cibrao, pero os investimentos tanto no que corresponde ao Estado coma á propia Autoridade Portuaria non veñen para esta comarca, e se veñen son cantidades irrisorias. “Desde o BNG consideramos que os beneficios que xenera o porto de San Cibrao deben reverter no desenvolvemento económico da Mariña, e por eso pensamos tamén que a adaptación do dique norte para abrilo ao tráfico comercial sería unha boa oportunidade para resarcir ao porto e á comarca de tantos anos de déficit en investimentos polo que é necesario reverter esa situación anómala e inxusta e para iso consideramos necesario e urxente crear a Autoridade Portuaria de San Cibrao vinculada á nosa provincia marítima”, afirmou o portavoz do BNG en Cervo, Diego Fernández, quen reprochou tamén ao Partido Popular de Cervo e de Xove “o seu nulo interés neste tema, máxime cando os alcaldes destes dous concellos levan anos sentados no consello de administración da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao pero sen abrir a boca en favor da Mariña, plegándose sempre aos intereses de Ferrol e do Partido Popular”, concluíu o edil nacionalista.





















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



