O Alcalde de Monforte e Presidente da Deputación renova o liderado socialista provincial cun amplo apoio da militancia
Lugo, 27 de abril de 2025. O Alcalde de Monforte de Lemos e Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, foi reelixido este domingo como Secretario Xeral do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo, tras recibir o apoio maioritario da militancia nas eleccións primarias celebradas esta fin de semana. Tomé logrou 801 votos fronte aos 585 obtidos por Iván Castro, Deputado Provincial e voceiro en Paradela. A participación no proceso foi do 75%, cun total de 1394 votos emitidos sobre un censo de 1862 militantes.
Nada máis coñecer os resultados, José Tomé trasladou o seu agradecemento “a todas as compañeiras e compañeiros que decidiron participar con liberdade, ilusión e responsabilidade nun momento importante para a nosa organización, e que elixiron a miña opción”. Asegurou que esta reelección supón “un novo impulso para seguir traballando con forza, con humildade e cun compromiso profundo co noso partido e con todos os lucenses”. Ao tempo, que tamén tivo un agradecemento especial cara o equipo que organizou o proceso.
Nas súas primeiras palabras, evidenciou que este domingo foi “un día de democracia interna no PSOE, onde os nosos militantes puideron expresar o que opinan sobre os próximos anos do partido, unha festa expresada nas urnas e, polo tanto, é a mellor maneira de elixir aos nosos compañeiros e compañeiras encargadas de dirixir o partido nos próximos anos” .
O líder provincial reafirmou a súa intención de consolidar os gobernos municipais socialistas, recuperar espazos perdidos, gañar novos concellos e seguir mantendo o goberno da Deputación de Lugo. “Gobernamos nas vilas máis grandes, a máis da metade da poboación, como Monforte, Lugo ou Vilalba”, detallou, ao tempo que avanzou que isto contribuirá á construción dun PSdeG en Galicia con José Ramón Gómez Besteiro á cabeza que sexa “ máis forte, e que estou convencido que co apoio da provincia de Lugo que conta dende agora mesmo para que sexamos unha alternativa real nas próximas eleccións autonómicas. O que temos que ter claro é que o noso adversario é o Partido Popular”.
Subliñou que a súa candidatura representa unha continuidade necesaria, pero tamén “renovación, impulso e apertura a novas ideas. Estes anos demostramos que se pode gobernar desde a estabilidade, con rigor e con vocación de servizo público, e a militancia volve dicir que ese é o camiño”, engadiu.
Tomé tamén tivo palabras de respecto e recoñecemento para o seu compañeiro Iván Castro, agradecendo a súa participación no proceso. Pola súa parte, Iván Castro, felicitou a José Tomé pola súa vitoria e amosouse contento polos resultados obtidos e afirmou sentirse “respaldado polo partido”. “O proceso vai reforzar o partido socialista e a militancia pronunciouse, cremos que vamos saír reforzados e, dende logo, traballaremos no proxecto socialista”.
Con esta reelección, o PSdeG-PSOE da provincia de Lugo inicia unha nova etapa centrada en reforzar o papel das agrupacións locais, ampliar a presenza territorial do partido e seguir sendo útil á sociedade lucense dende o compromiso co público e coa igualdade de oportunidades.
Nova Executiva
“Vamos elixir unha nova Executiva que sexa representativa, paritaria e que sexan os mellores e as mellores para dirixir esta nova etapa do Partido Socialista na provincia”, afirmou ante os medios coa vista posta no Congreso do 10 maio. Unha Executiva que, adiantou, estará presenta nas agrupacións para darlles apoio, asesoramento e facer o labor político necesario. Este é un compromiso que adquiro e un sentimento que teño eu”, confirmou Tomé Roca.
A xornada
O proceso interno desenvolveuse con normalidade en todas as agrupacións da provincia. Lugo, Monforte, Castroverde e o Saviñao mantiveron abertas as urnas de 10:00 a 20:00 horas, mentres que nas agrupacións máis pequenas habilitáronse horarios reducidos. En todas elas, a militancia mobilizouse para expresar a súa decisión nun proceso democrático que, segundo destacou Tomé, “amosa a fortaleza do PSdeG como unha organización viva, plural e comprometida co futuro da provincia”.
A elección da Secretaría Xeral Provincial de Lugo realizouse baixo o sistema de primarias de dobre volta. As candidaturas dispoñen dun prazo de 24 horas para presentar recursos ante a Comisión Nacional de Ética, que resolverá no mesmo prazo dende a súa presentación. Unha vez superado este trámite, proclamaranse oficialmente os resultados definitivos.
Unha vez finalizado o proceso de primarias, o vindeiro 10 de maio celebrarase o 5º Congreso Provincial Ordinario, no que a militancia votará a composición completa da nova Comisión Executiva Provincial.










Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



