O Goberno de España confirmaba en marzo en resposta escrita a preguntas dos senadores por Lugo que non tiña intención de rectificar a supresión de paradas en 11 concellos lucenses, a metade dos galegos afectados, a pesar do mandato do Senado aprobado en novembro do 2024 para reconsiderar ese mapa
Lugo, 19 de abril de 2025. Os senadores do PP lucense -José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano- temen que “o Goberno de Sánchez non acate o mandato” para “corrixir” o seu mapa concesional de transporte estatal por estrada -no que propón suprimir paradas en 11 concellos lucenses- e convocar a Conferencia Sectorial de Transporte.
Os populares advirten que en marzo confirmou por escrito en resposta ás preguntas dos representantes lucenses na Cámara Alta que “non ten intención de cambiar o mapa de transporte por estrada”, a pesar de que en novembro do ano pasado o Senado aprobaba en novembro do 2024 unha iniciativa do Partido Popular -co voto en contra do PSOE- para que o Goberno de Sánchez “rectificase” a súa proposta.
Máis recentemente, neste mes de abril, tamén o Congreso -coa abstención do PSOE- acordaba instar ao Executivo a retirar o borrador e coordinar unha nova proposta coas Comunidades Autónomas.
“A pesar do cambio no sentido do voto do PSOE, temos serias dúbidas de que Sánchez cumpra co aprobado primeiro no Senado e posteriormente no Congreso” toda vez que “o propio presidente ten manifestado que, se fora necesario, gobernaría sen as Cortes Xerais”, indican.
Con todo, os representantes do PP lucense na Cámara Alta cren que, “co cambio no sentido do voto, os socialistas recoñecen que a proposta do Goberno era prexudicial” para os pequenos concellos e convídanos a sumarse á petición para retirar o borrador e elaborar unha nova proposta en coordinación coas comunidades autónomas e que “non penalice á mobilidade nos municipios do rural” como son a maioría da provincia de Lugo.
A proposta presentada polo Goberno resta servizos ao rural e suprime paradas de transporte estatal a 11 concellos lucenses, a metade dos afectados en Galicia (A Pontenova, Meira, Guitiriz, Palas de Rei, O Corgo, Baralla, Monterroso, As Nogais, Pedrafita, Chantada e Quiroga).
“A proposta do Goberno de Sánchezdificulta a mobilidade entre vilas e municipios galegos e, ademais, fai imposible garantir conexións con outros núcleos de poboación doutras comunidades autónomas como, por exemplo, Ponferrada ou Astorga”, explican.
SÁNCHEZ DI UNHA COUSA E FAI A CONTRARIA
Os senadores do PP lucense censuran que “o Goberno de Sánchez, autodenominado progresista e abandeirado do reto demográfico, propoñaprecisamente medidas que en nada axudan a loitar contra o despoboamento do rural. Di unha cousa, pero fai a contraria”, conclúen.





















A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



