O Deputado de Promoción Económica e Social, o Alcalde de Cervantes e a asociación Territorio Verde presentaron este luns en San Marcos esta feira, á que a institución provincial achega 6.000€ para potenciar o rural e o sector primario
Lugo, 5 de maio de 2025. O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, o Alcalde de Cervantes, Benigno Gómez Tadín, o Concelleiro Miguel González Vilela, e a presidenta da asociación Territorio Verde, Sonia Rodríguez, xunto a outros representantes deste colectivo, presentaron este luns no Pazo de San Marcos a quinta edición da Feira en Defensa do Gandeiro da Montaña, que terá lugar en San Román de Cervantes o vindeiro 10 de maio co apoio da Deputación.
Pablo Rivera destacou que a institución provincial aporta 6.000€ ao colectivo para apoiar esta cita que reunirá a 200 animais e que busca poñer en valor o traballo do sector agrogandeiro da Montaña lucense.
“Desde a Deputación de Lugo sentimos un fondo orgullo por apoiar esta feira, cunha vontade política clara: acompañar aos concellos da montaña na construción dun futuro con raíces profundas. Porque defender o gandeiro da montaña é tamén defender a economía local, a xestión sostible do territorio, a cultura e o patrimonio natural”, afirmou o Deputado, quen lembrou que a institución provincial vén colaborando desde que se retomou no 2019 tras máis de tres décadas sen celebrarase.
O Deputado provincial animou a todos os lucenses e as persoas que visitan a provincia a que se acheguen a San Román este día, “onde non faltarán os concursos, a música tradicional, gastronomía e, por riba de todo, orgullo de ser e de estar na montaña”.
Nesta quinta edición, o colectivo organizador prevé superar os 200 animais do pasado ano entre gando vacún, equino, ovino e caprino, procedentes de distintas gandarías da montaña lucense e de Asturias.
Programa da feira
A Asociación Territorio Verde co apoio do Concello recuperou no ano 2019 esta tradicional feira co obxectivo de poñer en valor a actividade gandeira e enxalzar o espírito das feiras de hai 40 anos que se celebraban ao aire libre e eran o principal punto de venda de gando na Montaña lucense.
A feira comezará ás 8 da mañá coa recepción do gando. Ao longo do día haberá poxa de xovencas, entrega de numerosos premios aos mellores exemplares, sorteos e inchables para nenos e nenas. A xornada estará amenizada pola mañá polos grupos de música tradicional Os Xardois e Os Gaioleiros, e pola tarde, coa actuación de Tania e o seu acordeón.
O programa de actividades é o seguinte:
08:00 h: Recepción do gando e recollida de credenciais.
10:00 h: Votación do xurado segundo as categorías a premiar.
11:00 h: Animación a cargo dos grupos de música tradicional Os Xardois e Os Gaioleiros.
12:00 h: Poxa de xovencas da Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega (ACRUGA).
13:30 h: Entrega de premios aos mellores exemplares.
16:30 h: Actuación de Tania e o seu acordeón.
19:00 h: Sorteo de 500 puntos.
20:30 h: Peche da feira.









Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



