Burela, 5 de maio, 2025. Desde a Xunta de Persoal do Hospital da Mariña manifestan que “desde a integración do hospital na área sanitaria de Lugo, en 2018, a perda de profesionais é constante”.
A este respecto, sinalan que “de 11 prazas na especialidade de Medicina Interna só temos cubertas catro e outra con redución de xornada, en Anatomía Patolóxica de tres prazas temos cuberta unha, en Aparato Dixestivo de tres temos só unha, en Uroloxía de tres prazas tamén só contamos con unha cuberta, en Cardioloxía de tres prazas temos cuberta unha e en Radioloxía de cinco temos tres”.
Neste eido, alertan de que “a falta de persoal non afecta só as especialidades médicas, tamén a diferentes categorías profesionais”.