A Mariña, 19 de maio, 2025. Ante as declaracións efectuadas durante as últimas semanas por dirixentes, deputados e senadores do PP, Patricia Otero e César Mogo, deputada no congreso e senador, respectivamente, apuntan ao respecto:
“Ao PP esixímoslle responsabilidade e lealdade. Esa é a súa obriga”.
“Responsabilidade cos traballadores e traballadoras de Alcoa na planta de San Cibrao”.
“Non se pode intentar sacar tallada política, en contra do manifestado polo propio Comité de Empresa, alimentando versións sobre as consecuencias do acontecido o pasado 28 de abril, que nada teñen que ver cos intereses dos traballadores”.
“O único que conseguen é xerar incertezas e esixir responsabilidades fora de lugar que non favorecen en nada aos empregados das plantas de Alcoa”.
“Os traballadores non son mercadoría electoral. O PP non pode traballar coa súa irresponsabilidade en contra dos intereses dos traballadores e traballadoras de Alcoa”.
Lealdade cos gobernos e coa Comarca da Mariña
“A Xunta de Galicia ten dado, fai uns meses, un paso adiante asinando un memorándum e poñendo fin así a unha etapa, onde no caso de Alcoa só lle movían intereses partidistas”.
“Pedímoslle ao PP que non regrese ao pasado, que teña altura de miras e que non volvan a impoñerse os que só saben atizar o lume, que lamentablemente na dereita lucense son moitos”.
“O que necesitamos é encauzar a solución que xa está en marcha, que é a verdadeira solución para un futuro de estabilidade no eido do emprego e da estabilidade industrial”.
“Todo o demáis, sobra. E dende logo, sobra a frivolidade coa que os dirixentes do PP se teñen manifestado nos últimos días”, conclúen xs socialistas.






















Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.



