O TACGal impón que se desagreguen os custos salariais para comprobar que se axustan ao estipulado no convenio colectivo
A Mariña, 18 de setembro, 2026. O Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia (TACGal) acaba de estimar o recurso presentado por CCOO do Hábitat Galicia contra os pregos de contratación do servizo de axuda no fogar do Concello de Burela, debido a que non se desagregaban os custos de licitación. En particular, non se detallaban os custes de persoal, de xeito que non se podía comprobar se os salarios estaban axustados ao convenio colectivo de aplicación.
A resolución, asinada o 17 de setembro, esgota a vía administrativa e obriga a corrixir esta eiva. O TACGal lémbralle ao Concello de Burela que «o orzamento debe aparecer debidamente desagregado nos documentos de licitación, indicando os custes directos e indirectos, máis outros posibles gastos». Neste caso, non se especificaba nada disto, nin tampouco existía unha estimación dos gastos de persoal, «que debe permitir a súa confrontación co convenio colectivo de aplicación para comprobar a súa corrección».
A iniciativa de CCOO do Hábitat permitirá, unha vez se ofrezan os datos conforme ao ditado polo TACGal, comprobar que o orzamento é abondo para afrontar os salarios estipulados por convenio, evitando así que se poñan en risco as condicións laborais das persoas traballadoras que vaian prestar o SAF. «A acción sindical tamén se fai defendendo os dereitos das traballadoras e traballadores nos procesos de contratación pública», lembra Comisións Obreiras, que logrou esta vitoria froito do seu traballo rigoroso.
A resolución do Tribunal de Contratación, fronte as alegacións do Concello de Burela, tamén reafirma a «clara» lexitimación do sindicato para presentar o recurso, xa que se trataba de cuestionar as magnitudes económicas da licitación en relación aos custos salariais do persoal.





















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



