Os socialistas critican que o servizo pasou de contar con catro facultativos a ter unicamente dous, tras unha xubilación e unha baixa
Mondoñedo, 19 de setembro, 2026. O PSdeG-PSOE de Mondoñedo denunciou publicamente a “insostible situación” de carencia de persoal no Centro de Saúde de Mondoñedo, “froito da deixadez e da falta de planificación” do Goberno do PP. Por este motivo, esixen “a reposición urxente dos médicos de familia que faltan para garantir unha atención sanitaria digna e de calidade á veciñanza”.
Segundo explican, o Centro de Saúde contaba ata hai pouco con catro médicos de familia, pero o cadro de persoal quedou reducido á metade. “Esta precariedade débese a que un dos facultativos se xubilou recentemente e outro posto non foi substituído, deixando unicamente dous profesionais para atender a máis de 3.300 habitantes”.
Unha semana de agarda por unha cita
Como consecuencia directa deste recorte encuberto de persoal, o tempo de espera para obter unha cita na atención primaria disparouse ata unha semana. “É totalmente intolerable esta situación nun servizo esencial como a sanidade. A veciñanza non pode agardar sete días para ser atendida polo seu médico de cabeceira”.
O mesmo sucede coa solicitude de receitas, cunha demora que se prolonga ata preto de 15 días. “Varios veciños e veciñas afectados por estes atrasos contactaron coa Agrupación Socialista para denunciar esta anómala atención sanitaria”. Engaden que “é inadmisible que os recortes e a falta de persoal castiguen, unha vez máis, aos usuarios máis vulnerables do sistema público de saúde de Mondoñedo”.
Sobrecarga dos dous médicos en activo
Os socialistas remarcan que esta situación non só sobrecarga de xeito alarmante aos dous únicos médicos en activo —cunha presión asistencial inasumible—, senón que desprotexe especialmente unha poboación envellecida e dispersa como a de Mondoñedo, que precisa dunha atención próxima e áxil.
Demandas ao PP
Por todo isto, o PSdeG-PSOE de Mondoñedo insta ao PP a cubrir de xeito inmediato e por vía de urxencia as dúas prazas vacantes. Así mesmo, esixen ao Goberno municipal que se implique “para resolver esta carencia de persoal, deixe de poñerse de perfil ante o desmantelamento dos servizos públicos do concello e defenda con firmeza os dereitos sanitarios dos seus veciños diante da administración autonómica”.





















Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



