Viveiro, 9 de maio, 2025. Xs socialistas explican que: “Fai uns anos, por parte da AXI (axencia galega de infraestructuras) procedeuse á corta e limpeza das árbores nos taludes da avda Ramón Canosa, entre as últimas edificacións e a depuradora, e na mesma estrada despois da depuradora e ata o primeiro edificio fronte a gasoliñeira de Celeiro na marxe dereita en dirección Ribadeo, tamen se fixera a mesma labor.
“Pasado este tempo, volveu a crecer a maleza e as árbores en senllas zonas, co perigro que pode acarrear ante a posible caída á estrada, ademais na beirarrúa citada as lumieiras están invadidadas polas pólas das árbores, impedindo o alumeado correcto”.
En base ao citado cremos necesario e por elo pedimos realizar os trámites pertinentes ante a Xunta de Galicia para que proceda na maior brevidade posible á limpeza das zonas citadas.
Mellora na visibilidade dun espello na Avda. Benito Galcerán
“Na intersección da rúa Rego das Frores e a Avda. Benito Galcerán, frente ao solar de paso entre senllas rúas, ao pé do edificio nº 3, existe un espello nun poste metálico para poder saír á estrada con garantías e prevención de accidentes. Este está bastante borroso o que dificulta aos conductores ver con claridade se veñen vehículos para poder sair con toda seguridade á estrada. O actual espello esta orientado para os vehículos que veñen pola ezquerda da zona de saída”.
“Dado que por ese paso son moitos os vehículos que transitan diariamente e os que veñen en dirección hacia Viveiro pola dereita do cruce, topándose case sempre con coches aparcados a ambas máns da saída, sen poder ver con claridade, tendo que invadir o carril, e por elo que, ante este feito, cremos necesario e por elo pedimos á Alcaldesa realizar os trámites pertinentes para o cambio do cristal do espello existente e a colación no mesmo poste doutro que mire cara a dereita para poder garantir a saída dos vehículos que salen á avda Benito Galderán poidan facelo con toda a seguridade”.























No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



