
rpt
Burela, 13 de xuño, 2025. O alumnado do IES Perdouro conseguiu un curso máis o 100% de aprobados nas PAU.
Son salientables as cualificacións de Alexandre García Pousa, que está entre as mellores notas PAU de Galicia e as de Hugo Gorgojo Basanta, tamén entre os mellores expedientes.
O 20 de xuño celebrarase en Vigo a MEGAU, un acto que homenaxea ao alumnado con mellores expedientes de acceso á universidade e aos seus centros. Dos 28 alumnos do IES Perdouro que se presentaron á convocatoria ordinaria da PAU, catro deles foron convocados para asistir ao evento. Ademais de Alexandre e Hugo, mencionados anteriormente, asistirán Ignacio Andía López e Noelia Paz Blanco.
Cómpre destacar que este curso houbo un cambio nos criterios para a participación na MEGAU e só foi convocado o alumnado que conta cunha nota superior ao 8,5 na parte xeral da PAU. Non se tivo en conta a parte específica, é dicir, a que pondera, nin o expediente de Bacharelato.
Desde o centro dan os parabéns a todo o alumnado, “que conseguiu superar con éxito á Proba de Acceso á Universidade”.