Viveiro, 10 de xuño, 2025. ICE, Instituto de Control Energético é distribuidor homologado de Iberdrola, e comercializa servizos de asesoramento enerxético e contratos de suministro eléctrico.
“Asinamos este convenio co obxetivo de acadar para os nosos asociados vantaxes económicas na contratación de sumistros esenciais para os nosos negocios e que xeran un gasto importante ó longo do ano. Si os podemos axudar a rebaixar o custo deste tipo de servizos xa estamos a cumprir unha das metas que se marcou a actual directiva” según recalcou a Presidenta do CCHV.
Asinaron o convenio o xerente de ICE, Inocencio Moirón e a Presidenta do CCHV Andrea Porbén.
Recentemente, ICE abría unha oficina na Rúa Pastor Diaz, concretamente no número 15, como punto de atención de Iberdrola. Realizan asesoramento enerxético tanto a empresas como a particulares, có fin de que os clientes aforren o máximo posible na súa factura da luz.
Estes son os servicios gratuítos que ofrecen:
Estudo gratuíto e personalizado: Realizan un análisis sen compromiso de cada un dos suministros, permitindo coñecer cal sería a oferta ideal para os seus intereses.
Optimización de potencia: Ofrecen un estudo gratuíto que axudará a axustar os custes das facturas de luz.
Atención ó cliente especializada: Contan cun servizo adicado, que resolverá tódalas dúbidas e consultas relacionadas cás facturas e servizos enerxéticos.
Asesoramento enerxético: Proporcionan servizos de consultaría, para que os clientes podan comprender mellor o seu consumo enerxético e ofrécenlle recomendacións para reducilo.
Este convenio súmase ós anteriormente asinados con empresas de transporte, telefonía, informática, prevención de riscos, protección de datos e entidades financeiras, co obxetivo de seguir dando ós negocios asociados una vantaxe en aforro de custos por formar parte do noso colectivo.