O Valadouro, 5 de outubro, 2025. O pasado venres día 3 de outubro, organizado por Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol, dentro do programa de “Coidado da Creación”, no que se intenta preservar os valores ecolóxicos e a natureza, celebrouse no salón de actos da Casa da Cultura “Manuel Lourenzo” de Ferreira do Valadouro, coa colaboración da área de cultura de dito concello, un coloquio radiofónico. Ao acto puideron asistir espectadores en directo. A gravación do acto será retransmitido proximamente dentro da programación de Mariña Marabillosa e, se é posible, tamén a través doutras emisoras de radio afeccionada de Galicia.
O programa estivo dirixido e moderado por Pepe Peinó e nel participaron os seguintes convidados:
– Antonio Jesús Lorenzo “Cachín”, colaborador de Cáritas e de Mariña Marabillosa, con formación profesional relacionada co medio ambiente.
– Antonio Varela Sánchez, enxeñeiro de obras públicas da empresa Xesteco da Pontenova, con colaboración en programas de recuperación nas ribeiras do río Eo e na ría de Ribadeo.
– Álvaro Doural, presidente da Comunidade de Montes de Ove, en Ribadeo, defensora da iniciativa de substituír eucaliptos por aguacates.
– Celtia Traviesas, enxeñeira agrícola, con máster universitario en Xestión Sostible da Terra e do Territorio, que tamén traballa na empresa Xesteco da Pontenova, que xestiona a tirolina das minas e as visitas guiadas ás minas.
– Sofía López Gómez, técnica do Equipo Técnico Plan de Sostibilidade Turística na Mariña Lucense, que xestiona a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense.
Durante o coloquio, que durou preto de dúas horas, faláronse principalmente tres temas: a situación do medio ambiente nos ríos, a situación do medio ambiente nos montes e lugares de cultivo e o impacto ecolóxico do turismo na Mariña Lucense.






















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



