ADEGA esixe a investigación rigorosa das causas da vertedura e a aplicación de sancións con obriga de reparar os danos ambientais producidos
Lugo, 9 de xuño de 2025. Na noite do xoves, día 5, unha bolsa de xurros dunha granxa de porcos do Viveiró (Muras) rebentou e deixou escapar un millón de litros de xurros desde as cabeceiras do río Landro. Esta vertedura deu lugar a unha mancha que, en pouco tempo, se estendeu ao longo do río ata a súa desembocadura en Viveiró, o que provocou a morte xeneralizada de troitas, peixes e demais fauna piscícola; ademais de restricións de auga para a poboación de Viveiró e prohibición de baño nas praias.
Desde ADEGA “queremos sinalar as responsabilidades da Consellería de Medio Ambiente nestes feitos, máis alá das individuais que caiba atribuírlle ao propietario da granxa, e que deberán depurarse mediante o correspondente procedemento de investigación”.
Por un lado, ao permitir que estas explotacións porcinas poidan tramitarse cunha simple declaración de incidencia ambiental (regulada nos artigos 34-36 da Lei 9/2013, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia). Esta declaración redúcese á presentación, por parte do titular, dunha memoria ambiental sen pouco máis contido que o de xustificar as dimensións da instalación e a capacidade da bolsa de xurros, sen sequera mención ningunha á posibilidade de que este tipo de accidentes se produzan e as súas consecuencias.
Polo outro lado, por resolver favorablemente estes procedementos de avaliación ambiental sen esixir que se estude e avalíe o risco destes accidentes, cando menos para decidir sobre a súa localización e sobre as medidas de protección que corresponda aplicar en tal caso.
Dende ADEGA “esiximos, pois, non só a investigación rigorosa das causas da vertedura e a aplicación de sancións con obriga de reparar os danos ambientais producidos, senón tamén unha maior rigorosidade na avaliación ambiental e na autorización destas explotacións porcinas, de maneira que se eviten este tipo de riscos para o medio natural ou para a saúde das persoas”.






















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



