O Deputado de Promoción Económica e Social participou este mércores na apertura dunha xornada organizada pola Confederación de Empresarios co apoio da institución provincial que aborda os riscos aos que se enfrontan no ámbito dixital
Lugo, 25 de xuño de 2025. O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este mércores na xornada informativa Ciberseguridade. O reto de protexer a túa empresa, que busca axudar aos empresarios lucenses a entender os riscos aos que se enfrontan no ámbito dixital. Organizou a cita a Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) co apoio da institución provincial na súa sede da Praza de Santo Domingo.
“As tecnoloxías da información cambiaron profundamente a forma en que xestionamos os nosos negocios, relacionámonos cos nosos clientes e colaboramos con outros profesionais. Esta evolución trouxo sen dúbida enormes vantaxes, pero tamén abriu a porta a novas ameazas e novos riscos. A ciberdelincuencia xa non é unha ameaza afastada: é un problema real, presente, e que afecta cada vez máis a pequenas e medianas empresas”, argumentou o Deputado, que enmarcou a colaboración da Deputación coa xornada no compromiso do Goberno provincial coa ciberseguridade.
Na apertura desta xornada participaron xunto ao Deputado o Secretario Xeral da CEL, Jaime López, e o Comisario Xefe da Comisaría provincial da Policía Nacional, Luís Miguel Romero. A cita conta con expertos na Unidade de Delincuencia Económica e Fiscal da Policía Nacional; empresas especializadas en seguridade dixital e responsables de empresas punteiras en Lugo que analizarán como xestionan a ciberseguridade nas súas organizacións.




















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



