Ocorreu na rúa de Viladaide Praia Altar. O 112 Galicia tivo constancia do accidente a través do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, pouco antes das 13 horas: dous vehículos acababan de colidir e unha persoa permanecía no interior dun eles, incapaz de abrir a porta. Os Bombeiros de Barreiros tiveron que empregar o seu material de excarceración para extraer á persoa en condicións de seguridade. No operativo participou tamén a Garda Civil de Tráfico.
- Seguinte
O Presidente da Deputación, José Tomé, participou este sábado, xunto á Alcaldesa de Burela e Deputada provincial, Carmela López, nos minutos de silencio gardados diante da Casa Consistorial e antes da misa na honra á Virxe do Carme, en lembranza da moza falecida no tráxico accidente acontecido o venres no recinto feiral da vila