A futbolista naronesa abandona a disciplina laranxa despois dunha tempada na que anotou seis goles
Burela,, 5 de xullo, 2025. A á-peche Cris Lourés pecha a súa etapa no Burela FS despois dunha soa tempada na que anotou 6 tantos e colaborou na consecución da Copa da Raíña e a Copa Galicia. O club agradece o traballo e implicación de Cris durante toda a tempada e deséxalle a maior das sortes no seu futuro profesional e persoal.
Cris Lourés Casal (Narón, 2002) chegou o pasado verán á disciplina burelista como a cuarto e última fichaxe da pretemporada. Procedente do Viaxes Amarelle, a xogadora de Ferrolterra xa contaba con experiencia na máxima categoría, pero non gozou de demasiadas oportunidades ás ordes de Julio Delgado. De todos os xeitos, si aproveitou aqueles momentos nos que estivo sobre o 40×20 e rendeu a un bo nivel. Mesmo se permitiu o luxo de anotar un triplete en Vista Alegre diante do Gran Canaria FSF Teldeportivo.