Cervo, 10 de xullo, 2025. Este mércores na Sala de Exposicións da Casa da Cultura inaugurouse a mostra cos traballos realizados durante todo o curso polas persoas participantes nos talleres de Arruguiñas.
Participou a alcaldesa, Dolores García Caramés, a concelleira Mali Méndez, a directora técnico xeral de Saúde Mental A Mariña, María José Novoa e unha representación da familia desta asociación e tamén numerosos/as alumnos/as dos talleres de Arruguiñas.
A alcaldesa afondou en que “foi un momento moi especial para compartir a creatividade, o esforzo e a ilusión de todas e todos os que fixeron posible estes proxectos e queremos darlles a nosa máis sincera noraboa polo resultado tan coidado e cheo de personalidade que agora comparten xenerosamente con todos nós na Casa da Cultura”
A exposición permanecerá aberta durante todo este mes, para que todas as persoas que queiran poidan achegarse a vela con calma e descubrir o talento e a dedicación que hai detrás de cada obra.
Desde o Concello animan a visitar e a apoiar este traballo colectivo que enche de vida e arte a Casa da Cultura.