A Mariña, 18 de xullo de 2025. A campaña Merca no teu comercio chega a Burela, Xove, O Vicedo, Covas e Cervo. Entre o 20 de xullo e o 4 de agosto de 2025 terá lugar esta iniciativa publicitaria/promocional da Federación de Comercio de Lugo, a Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia, neste caso coa colaboración das asociacións de comerciantes destos municipios lucenses.
O obxectivo desta actuación, que comprende 40 campañas (10 por provincia) e máis de 90 localidades en toda a Comunidade Autónoma galega, é estimular as vendas nos municipios rurais galegos, achegar aos clientes aos comercios de proximidade, e dinamizar o sector. Na provincia de Lugo celebraranse 10 actuacións, englobando 22 localidades ata o mes de novembro, e repartindo un total de 10.000 euros en premios.
Poderán participar nesta campaña de Merca no teu Comercio todos os clientes que realicen compras nos establecementos retallistas de Burela, Xove, O Vicedo, Covas e Cervo, nas datas da campaña (do 20 de xullo e o 4 de agosto). Deben facelo rexistrando directamente a súa compra na web da localidade correspondente de mercanoteucomercio.com, través de calquer dispositivo electrónico: móbil, tablet ou ordenador. A participación pode ser rexistrada tamén polo comerciante, se o desexa, a través da mesma plataforma, onde se pode introducir directamente a operación de compra dos clientes, duplicando deste xeito as súas opcións de gañar.
Entre os participantes nesta campaña sortearanse 1.000 euros, distribuidos en 20 tarxetas prepago de 50 euros, que deberán ser empregadas para volver a mercar nos comercios de proximidade das respectivas localidades. O sorteo realizarase o 5 de agosto, e o xoves 28 de agosto, terá lugar a entrega de premios na Praza da Mariña.