Xove, 8 de xullo de 2025. O BNG de Xove vén de publicar nas súas redes sociais un comunicado explicando a súa ausencia no acto sinatura do convenio polo que a Deputación de Lugo cede ao Concello de Xove a totalidade das estradas provinciais. “Decidimos non acudir a este acto organizado pola Deputación de Lugo xa que este convenio non pasou previamente polo Pleno e cremos que, máis alá do peor momento económico posible para o concello, hai moitas cuestións que plantexar ao equipo de goberno antes de acceder a sacar unha foto con un convenio que claramente beneficia á Deputación de Lugo e empobrece ao noso concello” indica Pilar Vázquez, voceira do BNG de Xove.
O debate sobre este convenio terá lugar nun Pleno extraordinario este mes
“Como indicaba antes, hai moitas cuestións que clarificar e cremos que o debate ten que darse primeiro nas institucións e posicionarémonos sobre este acordo no momento do Pleno mais xa adiantamos que parécenos un mal acordo para a veciñanza de Xove a longo prazo, tendo en conta a situación económica que atravesamos”, conclúe a nacionalista.