O Vicedo, 22 de agosto, 2025. Xa comezaron as XV Xornadas “Memoria dun Tempo” cun acto en dúas partes, ámbalas dúas moi interesantes, e sobre o mesmo tema.
Por un lado, a presentación do libro ” Ciudad de la Selva. Historia e Arqueoloxía da guerrilla nos montes de Casaio”, contando coa arqueóloga e integrante do Proxecto Sputnik Labrego Laura Martínez.
E por outro a proxección do documental “Ciudad de la Selva. Fuxidos e guerrilleiros nos montes de Casaio”, coa presenza de Miguel Riaño, director do filme.
Da man dos convidados acadaras unha visión profunda e multidisciplinar do que foi a xénese da Federación de Guerrillas de León – Galicia e o intento da mesma de manter acesa a loita contra o franquismo.
Unha mostra de traballo científico – histórico dende a arqueoloxía e o campo dos audiovisuais.
PROGRAMA
Xoves 21. 20:00 hras. Salón de Actos da Casa da Cultura de O Vicedo
Presentación do libro “Ciudad de la Selva (Historia e arqueoloxía da guerrilla nos montes de Casaio)” a cargo de Laura Martínez Panizo, arqueóloga e integrante do Proxecto Sputnik Labrego.
A continuación, proxección do documental de Miguel Riaño Roa “Ciudad de la Selva.
Fuxidos e guerrilleiros nos montes de Casaio”, contando coa presenza do propio director.
Venres 22. 20:00 hras. Salón de Actos da Casa da Cultura de O Vicedo
“Resistencias e protestas en feminino na Galiza durante o franquismo”
20:05 “Prácticas clandestinas, saberes prohibidos. A interrupción do embarazo na ditadura franquista” por Tamara López Fernández, Contratada Posdoutoral da Xunta de Galicia. Proxecto de Investigación GESUSA (Instituto de las Mujeres)
20:45 “As mulleres diante. A protesta rural durante o franquismo en clave de xènero” por Ana Cabana Iglesia, Doutora en Historia e Profesora Titular na USC. Proxecto de Investigación GESUSA (Instituto de las Mujeres)
Sábado 23. 13:00 hras. A carón do Monolito da Ponte Vella de O Barqueiro
XIII Homenaxe a republican@s e libertari@s. Acto aberto á participación dos presentes (testemuñas, lectura de poemas, etc)
22:00 hras. Salón de Actos da Casa da Cultura de O Vicedo
“As Voces do pobo. Lembrando a Voces Ceibes” Recital de Miro Casabella e Andrés Rodríguez


























A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



