Ribadeo, 25 de agosto de 2025. Deu comezo a semana multiaventura de Acisa Ribadeo, que se prolongará con infinidade de actividades ata o vindeiro sábado, 30 de agosto. No parque de San Francisco ata o venres en horario de 11:00 a 14:30 e de 17:30 a 21:00 será posible gozar do rocódromo e o sábado, día 30, de 11 a 15 horas. Hoxe e mañá (luns e martes) de 18:00 a 21:00 horas haberá Lasertag Experiencia. O mércores os inchables acuático-terrestres serán os protagonistas xunto á festa da escuma, que terán lugar de 18 a 21 horas tamén no Parque de San Francisco.
O xoves e o venres será o momento para gozar do deslizador xigante de máis de 100 metros de longo, que estará instalado na rúa Viejo Pancho, en horario de 18 a 21 horas.
O acceso a todas estas actividades é gratuíto presentando o multipase de Acisa Ribadeo.
A semana multiaventura está enmarcada no programa O noso comercio é vida, vive Ribadeo, que se desenvolve entre o 14 e o 31 de agosto.