Logrouse recuperar a totalidade do montante estafado
Burela, 19 de setembro, 2025. A Garda Civil imputa en calidade de investigados en Burela, a un veciño de Logroño de 20 anos de idade e a outro de San Cristobal da Lagoa (Santa Cruz de Tenerife) de 39, como supostos autores dun delito de estafa tecnolóxica e un delito de branqueo de capitais.
Os feitos tiveron lugar o pasado mes de maio, cando os presuntos autores fixéronse pasar por xestores dunha entidade bancaria e, co pretexto de liquidar varios movementos fraudulentos na conta corrente da súa potencial vítima, esta facilitoulles os contrasinais de acceso, tras o cal xestionaron un préstamo persoal por importe de 20.000
euros e unha vez ingresado na conta, realizaron tres cargos por un importe total de 29.000 euros.
Tras a denuncia da vítima, os investigadores solicitaron á entidade bancaria destinataria do diñeiro que, de maneira preventiva, bloquease a conta e paralizase as transferencias que se puidesen cometer unha vez ingresados os importes detallados.
No desenvolvemento da operación tívose coñecemento de que, tras recibir os abonos na conta bancaria, ordeáronse transferencias dirixidas a distintas contas correntes con sedes en Malta e Francia.
Froito da rápida actuación da Garda Civil logrouse anular as trasferencias efectuadas por mor do préstamo enganosamente concedido, por máis que ese diñeiro moveuse de contas ata en catro ocasiones coa finalidade de dificultar a súa recuperación, quedando finalmente o diñeiro bloqueado na conta de destino inicial.
Neste operativo policial contouse co apoio da unidade orgánica de policía xudicial da Rioja e o Equipo da Comandancia da Garda Civil de Santa Cruz de Tenerife.
As dilixencias policiais foron postas ao dispor xudicial.