Esta mexicana afincada en Noruega foi a afortunada. Pasaba uns días na vila ribadense, na que aproveitou para facer diversas compras e así foi como se fixo coas rifas para participar no sorteo do Ribadeo Indiano. Ela é de Veracruz, pero non coñecía a Riviera Maya, algo que está a facer agora na compaña do seu dono e da súa filla. Tamén está a aproveitar esta estadía para visitar á súa familia de México, á que levaba moito tempo sen ver. Marisol Morales asegura estar disfrutando moito da cultura, da gastronomía e da paisaxe do país.
