Mondoñedo, 19 de setembro, 2025. Despois de que os socialistas de Mondoñedo demandasen ao goberno local medidas urxentes para mellorar as instalacións municipais da nave do Coto, o equipo de goberno apunta que: “Unha vez máis, o PSOE local empéñase en usar unha foto dunha situación puntual, xusto días despois da recollida de enseres que todos os meses levamos a cabo con medios municipais, para danar a imaxe da cidade”.
“Unha instantánea empregada unicamente para a súa utilización mediática e para desprestixiar ao goberno pero que realmente o fai ao conxunto do Concello”.
“A foto feita a mala fe non reflicte a realidade, porque inmediatamente despois procédese á selección e ao tratamento para a súa reciclaxe”.
“Con esforzo e cos recursos limitados dun Concello pequeno como o noso, este servizo realízase todos os meses de maneira responsable, garantindo que o material recollido siga o seu debido proceso de xestión ambiental”, conclúen.