A Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia financian ao 50% o Orzamento da entidade encargada da prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento nos parques de bombeiros de Monforte de Lemos, Chantada, Sarria, Barreiros, Vilalba e Viveiro
Lugo, 23 de setembro de 2025. O Presidente da Deputación e do Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento, José Tomé Roca, presidiu este martes o Pleno desta entidade no que se aprobou unha aportación extraordinaria de case 2M€ para mellorar os seis parques da provincia e facer fronte á suba salarial acordada no convenio cos traballadores.
Na anualidade 2025 o Orzamento ascenderá deste xeito ata os 10,7M€. A Deputación achega o 50% desta dotación económica e o outro 50% a Xunta de Galicia.
No caso dos parques de Sarria, Chantada e Vilalba, os novos fondos permitirán ampliar as instalacións para dotalas dun espazo de almacenaxe; no caso de Barreiros actuarase sobre as filtracións de auga na terraza, reformarase a cuberta e o soportal, as humidades da fachada, pintaranse as paredes e os teitos interior e acondicionaranse os baños; en Monforte rehabilitarase a cuberta e os canlóns, revestiranse as fachadas e pintaranse as instalacións por dentro e por fóra; e en Viveiro acondicionarase o chan do ximnasio. O custe conxunto destas obras superará os 700.000€.
Ademais, 1,19M€ estarán destinados ao cumprimento do convenio asinado a principios de ano cos traballadores, nos que se recollían entre outras melloras a incorporación de 26 efectivos, un aumento salarial anual de 6.000 euros na categoría de bombeiro, redución de 158 horas anuais ata as 1.642 horas, ou o recoñecemento como persoal laboral fixo dos traballadores con contrato indefinido no momento da subrogación do pasado 1 de maio do 2019.
O Consorcio de Bombeiros da provincia de Lugo, conformado pola Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia ao 50%, inclúe os parques de Barreiros, Vilalba, Sarria, Monforte de Lemos, Viveiro e Chantada.

























A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.



