A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela organizou este xoves en Valladolid un evento no que a protagonista foi a “Merluza D& Burela” en pratos de diferentes cociñas do mundo
Burela, 25 de outubro, 2025. ‘Sibaritas Klub’ de Valladolid acolleu este xoves a terceira edición do evento gastronómico “Merluza D& Burela polo Mundo”: un showcooking guiado por dous recoñecidos cociñeiros locais con diferentes elaboracións para saborear a ‘Merluza D& Burela’ nas súas versións máis tradicionais e vangardistas, presentando tamén receitas inspiradas noutras cociñas do mundo, como a asiática ou a mexicana.
O evento, dirixido especialmente a creadores de contido e xornalistas gastronómicos, celebrouse en Sibaritas Club, un espazo multifuncional a un paso do río Pisuerga, e estivo guiado por Gloria Hernández, dietista e nutricionista comprometida coa saúde e a educación coa alimentación.
Abriu a xornada Sergio López, xerente da OPP-7 do Porto de Burela, que deu a benvida a todos os participantes e ademais fixo unha presentación das principais campañas de promoción realizadas nos últimos anos coa marca ‘Merluza D& Burela’. Puxo en valor a importancia de Burela dentro do sector pesqueiro nacional e internacional, explicando os diferentes tipos de frotas socias da OP e destacou a ecoetiqueta ‘Pescaenverde’ que converte á frota de altura de Burela que pesca a pescada do pincho na primeira certificada polo seu baixo impacto ambiental.
Aos fogóns, dous prestixiosos cociñeiros casteláns que puxeron en valor a enorme versatilidade deste produto fresco da lonxa de Burela. Javier Peña (Sibaritas Klub), recoñecido chef de mandil e mundo, tamén coñecido pola súa participación en diferentes programas de televisión, presentou as súas receitas de cociña asiática e tradicional: «Merluza D& Burela con escuma de tom yum e ensalada de mango verde» e «Canal de Castilla: Merluza D& Burela con callos de lechazo e pilpil».
Pola súa banda, Palmira Soler (restaurante 5 Gustos), cociñeira que aposta pola fusión dos sabores mediterráneos cos produtos casteláns, presentou as súas receitas de cociña mexicana e vangardista: «Taco Nayarit de Merluza D& Burela zarandeada con pico de gallo e frijoles» e «Merluza D& Burela crocante en veo de curry e matices cítricos».
O público, no que se atopaban numerosos xornalistas e creadores de contido relacionados co eido gastronómico, puido degustar cada unha destas elaboracións vivindo unha experiencia gastronómica “mundial” e viaxando co seu padal por diferentes cociñas do mundo tendo como orixe común a lonxa de Burela.
Esta acción está cofinanciada por Xunta de Galicia e FEMPA, incluída no plan de produción e comercialización anual da OPP-7 Porto de Burela co obxectivo de contribuír á trazabilidade dos produtos da pesca e ao acceso dos consumidores a información clara e completa.









O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



