A Mariña, domingo 5 de outubro 2025. Na mañá de hoxe, a deputada Sonia Vidal, responsable no grupo parlamentario do BNG dos temas de Agricultura, Gandeiria e Industrias Agroalimentarias e o parlamentario mariñao Daniel Castro, o responsable comarcal do BNG, Antonio Veiga, representantes do BNG en Lourenzá coa concelleira Belén Fanego á cabeza e diversos cargos orgánicos e institucionais da Mariña participaron da Festa da Faba e mantiveron conversas con produtores e produtoras e cos responsables da IXP Faba de Lourenzá e da cooperativa Terras da Mariña, cos que puideron contrastar a situación de produtores e produtoras despois dos anos complicados que atravesan.
Desde o BNG destacan o traballo desenvolvido polo sector da faba en Lourenzá e comarca, e inciden en que as políticas para o medio rural tenen que ser estratéxicas “porque son pezas fundamentais para manter a producción de alimentos e aseguran o maior grao posible de soberanía alimentar e serven para avanzar na garantía dunha alimentación saudable para a sociedade, ao mesmo tempo que son parte dun proxecto de ordenación do territorio necesario para o conxunto do noso país” manifestou Sonia Vidal que engadíu que o traballo ao longo destes anos dos produtores e produtoras, da cooperativa e de integrantes da IXP deu os seus frutos en moitos ámbitos, coma no cumprimento de obxectivos de desenvolvemento sostible, entre eles a creación de emprego.
Modificación da PAC para que cheguen máis fondos aos produtores
“Non podemos perder de vista que a produción de faba permite que se fixe poboación, que se coide o territorio e que é unha actividade económica importante”, afirmaron Sonia Vidal e Daniel Castro, que reclamaron ao Executivo de Alfonso Rueda que actúe e defensa do sector, o que xa reclamaran o pasado mes de febreiro tamén en Lourenzá cando xunto con Ana Pontón se reunirán alí cos produtores e produtoras de faba e levaran xa daquela ao Parlamento unha batería de iniciativas para reclamar axudas directas a os produtores e produtoras da IXP para paliar as perdas da campaña anterior. Así mesmo o BNG xa demandou na cámara unha modificación da PAC no relativo ao apoio á producción sostible de proteína vexetal para incrementar a súa dotación orzamentaria e que cheguen máis fondos aos produtores.
Niveis de renda dignos para a producción agraria
Para o BNG e no que ten a ver xa co Plano Estratéxico da PAC do período 2021-2027 é necesario tamén asegurar niveis de renda dignos á producción agraria e estabilizar os mercados dos produtos agrarios e equilibrar as relacións entre os axentes da cadea agroalimentaria, así como reducir os desequilibrios existentes na agricultura comunitaria posibilitando que as áreas periféricas coma Galiza poidan desenvolver a súa capacidade produtiva.
Os nacionalistas expuxeron tamén a necesidade de que no centro das políticas agrarias estean as persoas que viven no medio rural, nomeadamente as que traballan no sector agrario, para que obteñan niveis de renda, recoñecemento social e servizos que lles permitan vivir dignamente.