Alfoz, 4 de outubro de 2025. “Dende a xubilación do antigo conserxe do C.E.I.P. Castro de Ouro, antes do remate do curso escolar pasado, os pais e nais dos nenos e nenas deste centro están agardando a que o concello de Alfoz cubra a praza de conserxe”, afirma o PP.
“Durante o curso pasado o equipo de goberno mostraba as súas queixas ante a situación de falta de servizos do centro e a día de hoxe continúan a ter a falta do conserxe. Unha clara evidencia de falta de planificación e responsabilidade por parte da alcaldesa e do seu equipo de goberno”, engaden.
“Esta situación ten un impacto negativo, xa que as función desenvolvidas por esta figura non se están atendendo nin desenvolvendo na súa totalidade. Unha mostra disto é que a cancela do colexio permanece aberta durante as 24 horas do día, dando acceso a
calquera persoa allea ó mesmo”.
“Todo isto pon en manifesto a deixadez e a falta de intención do goberno de Alfoz, xa que nin sequera está convocada esta praza, para canto menos estar cuberta. O que indica que unha vez convocada a praza aínda van ser meses os que teñan que transcurrir ata que se cubra o posto de conserxe”.
“Esta é unha das moitas mostras da incapacidade de xestión deste equipo de goberno, un grupo político que vendeu aos veciños un cambio para Alfoz e que realmente sí que o están a ter: unha situación moito peor. Falta de resposta, falta de capacidade de xestión e de resolución de problemas e ideas para impulsar, factores que afectan profundamente á vida diaria dos alfocenses moi negativamente”.
“Esperamos que polo ben do noso concello empecen a traballar polo benestar e progreso, ou senon que lle dean paso a quen sería capaz de facelo, e está demostrado que o PP é capaz cando se pon ao frente de proxectos municipais” conclúen.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



