Viveiro, 26 de decembro, 2025. O BNG de Viveiro esixe que o actual goberno municipal do PP explique por que decidiu liquidar ao equipo redactor dos pregos para a licitación dunha Empresa de Servizos Enerxéticos (ESE), para contratar co mesmo fin a unha empresa propiedade do que foi voceiro do PP de Lalín e ex alto cargo de AGADER, organismo dependente da Xunta de Galiza, quen foi denunciado no ano 2021 por un presunto delito de prevaricación na adxudicación de subvencións.
A portavoz municipal do BNG, Iria Cotelo, lembrou que “estamos a falar do maior contrato da historia do Concello de Viveiro, polo que o rigor, a transparencia e a solvencia técnica deberían ser incuestionables”.
Cotelo explica que, durante o mandato do BNG, estudáronse distintas propostas e contratouse unha empresa con ampla experiencia no sector enerxético para a elaboración dos pregos da ESE, un traballo que se atopaba practicamente rematado e en condicións de ser licitado en poucas semanas. Porén, tras o cambio de goberno, o PP decidiu paralizar o procedemento, liquidar o contrato coa empresa redactora inicial e contratar outra nova para o mesmo fin.
“A pesar das dificultades para acceder aos expedientes, sabemos que se solicitou unha única oferta económica a esta empresa vinculada ao PP, cuxo historial se centra en servizos para o turismo e na análise de viabilidade de residencias da terceira idade, pero que carece de experiencia no sector enerxético. Aínda así, liquidouse a empresa anterior e adxudicouse este novo contrato sen fundamento”, afirmou a formación nacionalista. Segundo a información á que tivo acceso o BNG, esta contratación realizouse sen solicitar máis ofertas. “É dicir, o PP contratou á empresa que quería, cando o BNG tiñamos solicitadas previamente ata tres ofertas económicas e contratada a unha empresa con traxectoria recoñecida en servizos enerxéticos”, engadiu a portavoz municipal, Iria Cotelo.
A veciñanza paga por segunda vez un traballo que xa estaba feito polo BNG
Os pregos remitidos á Xunta Consultiva de Contratación son idénticos case en totalidade ao traballo elaborado anteriormente polo goberno do BNG. “Están copiados en máis do 99%, e incluso empeorados ao suprimir criterios de mellora na conciliación laboral para os traballadores”, explican desde o BNG.
“Un documento tan complexo como é a Auditoría Enerxética, foi simplemente adxuntado tal e como se elaborou durante o mandato do BNG, a pesar de que o novo contrato asinado polo PP incluía novamente a realización desta auditoría. Deste xeito, págase cos cartos da veciñanza dúas veces por un traballo que xa estaba feito, e ademais a un prezo máis elevado”, engaden os nacionalistas.
Decisivos na mesa de contratación
Dende o BNG sinalan que “no contrato da ESE, cun orzamento superior aos 12 millóns de euros, case a metade dos puntos para a adxudicación dependen de criterios suxeitos a xuízo de valor, nos que a empresa redactora dos pregos terá un papel clave na súa valoración. Dende o BNG queremos preguntarlle ao PP se ter este poder na adxudicación tivo algo que ver coa contratación dunha empresa afín ao seu partido, ou se lle parece axeitado que participe unha persoa sen experiencia en servizos enerxéticos que ademais foi investigada por prevaricación”.
Para o BNG, queda patente, unha vez máis, a chamada política caciquil do Partido Popular e, ante a gravidade dos feitos, esixe explicacións e a convocatoria dunha comisión informativa.

























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



