O grupo nacionalista censurou “o carroñeirismo político do Partido Popular que intenta aproveitar unha denuncia de acoso sexual para chegar á presidencia da Deputación”
Lugo, 19 de decembro. O grupo provincial do BNG non participou na Xunta de Goberno presidida por José Tomé, que tivo que celebrarse en segunda convocatoria por falta de quórum na primeira.
Efrén Castro e Iria Castro -representantes nacionalistas na Xunta de Goberno – non asistiron á convocatoria formulada por José Tóme como presidente en funcións tras presentar o pasado venres a renuncia á presidencia, que terá que facerse efectiva ante o pleno provincial.
En declaracións aos medios, Efrén Castro reiterou que “ fixemos o que dixemos que fariamos non participar en ningún órgano de goberno que presida José Tomé, aínda que sexa en funcións”. “O encabezonamento en seguir presidindo este organismo non ten ningún sentido”, dixo o deputado nacionalista que reclamou ao Partido Socilalista “tomar medidas e esixir a José Tomé que entregue a súa acta de deputado, que sería o máis digno”.
Efrén Castro, que respondeu aos medios xunto a Iria Castro e Daniel García, aclarou que “José Tomé non terá ningún tipo de cobertura xurídica da Deputación de Lugo para cuestións persoais”. “Como sucede en calquera outra institución, a asesoría xurídica asiste aos cargos políticos, pero unicamente no que ten que ver coas súas funcións administrativas”.
O grupo provincial do BNG manifestouse tamén con contundencia respecto á sucesión de declaracións do Partido Popular en relación coa denuncia por acoso contra José Tomé, que calificou que “carroñeirismo político”. Efrén Castro acusou ao “o Partido Popular de intentar aproveitar unha denuncia de acoso sexual para chegar á presidencia da Deputación”
“O Partido Popular non é ninguén para dar leccións de feminismo ao BNG”, dixo Efrén Castro que lembrou que o PP se retratou cando “ premiou a Xosé Manuel Baltar, que ademais foi xulgado por esa cuestión, cun posto no Senado”
“Van dimitar as senadoras e senadores que comparten grupo parlamentario co señor Baltar?”, cuestionou Efrén Castro para sinalar a demagoxia do Partido Popular que “non ten interese algún nas vítimas e só intenta aproveitar este caso para conseguir un rédito partidista”.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



