Foz, 19 de decembro de 2025. O Concello de Foz, dende a Delegación de Servizos Sociais, en colaboración co Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, vén de organizar cursos de Prevención de Riscos Laborais (PRL) en tarefas de axuda a domicilio e atención directa a persoas con dependencia, impartidos de maneira presencial ás auxiliares do Concello.
A concelleira de Servizos Sociais, Ana Rojo, explica que “estes talleres teórico prácticos son para a formación e prevención de riscos laborais, psicofísicos, químicos e biolóxicos, e están destinados a todas as profesionais, auxiliares de dependencia e de libre concorrencia do Concello de Foz, en tarefas de atención domiciliaria (SAF). O sector da asistencia domiciliaria é un dos principais servizos esenciais do noso Concello, no que se ocupa a un número crecente de persoas, na súa maioría mulleres. O seu lugar de traballo son os domicilios dos usuarios e usuarias. O feito de traballar nun fogar pode levar a falsa sensación de que non existen os riscos asociados ás tarefas que se desenvolven diariamente, sen embargo a realidade vai por outro lado. Estes talleres teñen por obxecto formar o persoal auxiliar do SAF, afectado a exposición de todos estes riscos que conlevan o desempeño das súas tarefas. Incidindo nas medidas de prevención fronte os riscos químicos e biolóxicos, para evitar enfermidades transmisibles que son causadas por bacterias, virus, fungos, parasitos, etcétera. Ademais da formación de criterios ergonómicos en tarefas de mobilización das persoas, onde as profesionais se ven sometidas a unha importante carga de traballo, física, psíquica ou mental; buscando sempre estratexias e técnicas de intervención eficaces e seguras tanto para o usuario como para a profesional. Coidar a persoas dependentes require un alto nivel de esixencia, ademais de implicacións persoais, onde as auxiliares do SAF se expoñen a riscos de distinta índole, incluso psicosociais. A axeitada formación e os coñecementos, capacidades e recursos da persoa deben estar en consonancia coas esixencias e presións laborais, para unha mellor saúde, benestar física e mental”.
Ana Rojo destaca que “o Concello de Foz recoñece a valía e o labor destas profesionais, maioritariamente mulleres, que coidan a diario ós nosos maiores e a persoas con mobilidade reducida, desempeñando un labor poucas veces recoñecido. Agradecemos o ISSGA da Consellería de Promoción e Igualdade a organización destes cursos na modalidade presencial, colaborando co noso Concello para que toda formación fora gratuíta, ademais da entrega das titulacións correspondentes a todas as participantes da formación”.





















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



