A Unión Europea (UE) adoita ser acedamente criticada-con toda a razón-polo seu evidente déficit democrático, pois que as decisións lexislativas son adoptadas, en grande medida, polos gobernos dos Estados Membros (EM) no Consello Europeo, que tamén elixen ás persoas que integran a Comisión Europea, que constitúe o Executivo da UE. En realidade o Consello Europeo codecide na lexislación co Parlamento Europeo (PE) que é o representante do conxunto da cidadanía europea. En calquera caso, estamos lonxe dunha Europa dos pobos e nacións (no canto da actual Europa dos Estados) e da cidadanía.
Mais constitúen vantaxes da arquitectura constitucional europea tanto a relevancia do Dereito na mesma, aplicado por un sistema xudicial que ten o seu cumio no Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) como o sistema xurídico de controis e equilibrios (“checks anda balances”) desa arquitectura. Nese sistema insírese a posibilidade de que tanto a Comisión Europea como o Consello Europeo, calquera dos EM ou o PE a medio de maioría simple poida adiar a ratificación de calquera acordo ou tratado internacional da UE con terceiros Estados ou organizacións supraestatais até que o TXUE emita un ditame previo e preventivo a respecto da “constitucionalidade” europea dese acordo ou tratado, é dicir, a compatibilidade cos Tratados da UE e de Funcionamento da UE (TUE e TFUE). Se o TXUE declara a “inconstitucionalidade” parcial do Tratado do MERCOSUR habería que acordar co MERCOSUR un novo tratado modificado que cumprise cos requisitos legais do ditame do TXUE ou se esquecer do Tratado.
O mércores 21-X 334votos do PE a prol, 324 en contra e 11 abstencións decidiron reclamar do TXUE este ditame, suspendendo, xa que logo, o proceso de ratificación do Tratado co MERCOSUR, xa asinado días antes polo presidente do Consello Europeo e maila presidenta da Comisión Europea na capital do Paraguai.
Un destes 334 votos a prol foi a da eurodeputada do BNG, Ana Miranda, única representante galega (das catro existentes) que votou nese senso, fronte aos dous eurodeputados do PPdeG e o deputado do PSdeG que votaron en contra e, xa que logo, a prol da inmediata vixencia, agora frustrada, do Tratado da UE co MERCOSUR.
Ana Miranda xogou un papel de articulación e lobby técnico-político fundamental. A súa estratexia baseouse tanto na conexión co sector, actuando como a súa embaixadora en Bruxelas e achegando informes técnicos sobre o impacto do acordo nas explotacións de carne e outros subsectores directamente ás comisións de Agricultura e Comercio Internacional do PE como no seu traballo no grupo dos Verdes/Alianza Libre Europea no que como vicepresidenta insistiu en que a oposición ao MERCOSUR non podía ser só política, senón que debía ter alicerces xurídicos sólido a medio da reclamación por maioría do PE deste ditame ao TXUE, prevista no artigo 218.11 do TFUE.
O TXUE ten de decidir agora se existen contidos contrarios á soberanía lexislativa europea (como o compromiso do proxecto de Tratado agora suspendido de non introducir novas restricións sanitarias ou ambientais no futuro), vulneración do principio constitucional europeo de precaución ambiental e sanitaria, ruptura da cohesión territorial e social ou incumprimento de obrigas climáticas vinculantes asumidas pola UE ao abeiro do Acordo de París. Mais tamén haberá decidir se algúns dos contidos do Tratado comercial (que se aproba por maioría cualificada do 55% dos EM que acaden o 65% da poboación da UE, como dixemos nestas páxinas hai poucos días) pertencen, en realidade, ao perímetro de materias que requiren da unanimidade dos EM (acordos sobre investimentos e xurisdicións aplicábeis, etc.), imposíbel de acadar no futuro co texto actual, á vista do rexeitamento austríaco, húngaro, irlandés, francés e valón.
Esta vía era a única posíbel para “conxelar” un proceso que a Comisión Europea (canda o PP e o PSOE) quería pechar pola vía rápida E o BNG e a súa eurodeputada Ana Miranda acadárono. Non só no favor de determinados sectores agrogandeiros galegos, senón do conxunto das persoas consumidoras de Galicia e da UE toda, defendendo tanto a calidade sanitaria dos produtos alimenticios que circulen como a autonomía alimentaria europea.
Hai representacións políticas útiles e outras que son inútiles e o BNG, desta volta, amosou a súa utilidade na fulcral defensa dos intereses galegos na Europa.






















As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



