A piscina municipal converterase no epicentro do wáter-polo galego cunha competición de máximo nivel nas dúas categorías
Cervo, 23 de xaneiro do 2026. A piscina municipal de Cervo será o escenario esta fin de semana, 24 e 25 de xaneiro, da Copa Galega absoluta de Wáter-polo masculina e feminina, unha das citas máis destacadas do calendario autonómico desta disciplina deportiva, organizada pola Federación Galega de Natación (FEGAN) coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Cervo.
O evento foi presentado oficialmente nun acto no que participaron a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, e o presidente da FEGAN, Juan Carlos Brión, quen puxeron en valor a relevancia dunha competición deste nivel para o municipio e para o conxunto do deporte galego.
Durante a presentación, a alcaldesa Dolores García Caramés destacou que “para Cervo é unha satisfacción poder acoller un evento deportivo autonómico desta categoría, que amosa a capacidade das nosas instalacións e o compromiso do Concello coa promoción do deporte”. Ademais, subliñou que “este tipo de citas supoñen tamén un impulso para a actividade social e económica do municipio durante a fin de semana”.
A competición disputarase baixo un sistema de xogo eliminatorio (KO) en ambas categorías. Os partidos darán comezo o sábado 24 ás 11:00 horas coa categoría feminina, desenvolvéndose os distintos encontros ao longo da fin de semana ata a celebración das finais, previstas para o domingo pola tarde.
Na Copa Galega participarán algúns dos principais clubs de wáter-polo de Galicia, convertendo a Cervo nun referente autonómico desta disciplina durante dous días e ofrecendo ao público a oportunidade de gozar dun espectáculo deportivo de alto nivel tanto en categoría masculina como feminina.
Na Copa Galega masculina participarán os clubs CW Santiago, CW Lugo, CWP Ourense e RCN Vigo, xunto con CW Pontevedra, CM Ferrol e CWC Rías Altas.
Pola súa banda, na Copa Galega feminina competirán os equipos de CW Santiago, CW Lugo, CW As Mariñas e RCN Vigo, así como CW Pontevedra, CM Ferrol e CWC Rías Altas.
Desde o Concello de Cervo animan á veciñanza e ás persoas afeccionadas ao deporte a achegarse á piscina municipal para apoiar aos equipos participantes e desfrutar dunha competición que consolida a Cervo como sede habitual de eventos deportivos de relevancia en Galicia.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



