Cantos de taberna, obradoiros e un xantar popular completan este encontro musical, organizado por A Rebolaxe coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo
San Cibrao, 26 de marzo de 2026. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora un ano máis coa asociación A Rebolaxe na organización da Foliada Nordestía, que se celebrará o x de abril en San Cibrao, no concello de Cervo.
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, quixo destacar que “alcanzar a décima edición da Foliada Nordestía é un motivo de orgullo para o noso concello, porque significa que este evento medrou e consolidouse como un referente cultural en toda a bisbarra”. A rexedora puxo en valor o traballo do grupo A Rebolaxe, “que leva anos mantendo viva a nosa tradición e facendo que a música e o baile tradicional sigan chegando ás novas xeracións”.
Segundo destacou, “o noso folclore é historia viva, identidade e comunidade; e iniciativas como esta demostran que a tradición non só se conserva, senón que se celebra e se reinventa”.
Desde o Concello de Cervo convidan á veciñanza e ás persoas visitantes a participar nesta xornada de convivencia, música e tradición, na que a festa e o bo ambiente están garantidos.
O deputado de Mocidade Daniel García participou tamén na presentación do programa deste encontro de música tradicional, que contará cos concertos de Lamatumbá, Os Carecos e Clan Maragato, na Praza dos Campos.
Daniel García valorou “o traballo de A Rebolaxe na conservación e na difusión da música tradicional coa organización desta foliada, pero tamén ao longo de todo o ano como agrupación musical e como promotora de aulas de música tradicional. Se podemos disfrutar desta décima edición a xornada de Foliada é polo traballo contínuo e de base que mantén vivo o interese por ese patrimonio, que queremos recoñecer e apoiar”
A xornada comezará cos Cantos de Taberna, no que participan unha decena de grupos de música tradicional da comarca da Mariña, da Terra Chá, Lugo e do concello coruñés da Capela que animarán os locais e rúas de San Cibrao desde ás 12 da mañá ata o xantar popular. Tamén haberá un obradoiro de cerámica e outro de baile tradicional con Iago de Vicente.























A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



