Ribadeo, 26 de marzo, 2026. O IES Ribadeo Dionisio Gamallo forma parte, xunto con outros 19 centros de Galicia, do proxecto piloto “Acordamos Convivir”, promovido pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia e desenvolvido pola Fundación Sergio Villar.
Esta fundación, creada en 2025, traballa para mellorar as condicións de vida de persoas en situación de vulnerabilidade, con especial atención á infancia e á adolescencia.
O proxecto busca introducir no centro as prácticas restaurativas como enfoque para mellorar a convivencia escolar e a xestión positiva dos conflitos.
Desde a dirección do IES explican que, malia ser un equipo directivo novo, desde o primeiro momento existía a vontade de colaborar coa Fundación Sergio Villar, xa que Sergio Villar foi alumno do centro e destacou polo seu compromiso social. A chegada deste proxecto impulsado pola Consellería foi recibida con entusiasmo, ao entender que supón unha oportunidade para avanzar nunha liña de traballo compartida.
O instituto será así un dos 20 centros galegos que incorporarán métodos de xestión positiva de conflitos, un paso que consideran clave dentro do seu Plan de Formación en Convivencia. Este plan iniciouse coa participación de Nélida Zaitegui, referente estatal en educación e convivencia, e culminará cunha intervención da propia Fundación Sergio Villar.






















Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



