Os burelenses competiron os 40 minutos nun partido igualado, con ocasións e moi boa primeira parte de os mariñáns
Burela, 23 de xaneiro, 2026. Primeiro partido da segunda volta na 2ª División de Fútbol Sala, no que o Reyco Burela se enfrontou a un enerxético Melistar, complicado encontro ante un rival que carrexa moi boa dinámica nas últimas xornadas. Partido que comeza cun minuto de silencio e no que debuta Torero saíndo como titular, cunha primeira parte para o Burela, aínda que non se reflectise no resultado e unha segunda para o Melistar, que soubo aproveitar ben as ocasións e coller vantaxe no marcador nos primeiros 10 minutos, aínda que cun resultado final avultado que non reflicte o partido.
Primeiras ocasións para o conxunto visitante que abre o partido con enerxía, non permitindo ningunha ocasión clara a o Melistar ata o minuto 3 no que Toureiro despexa co pé un disparo moi perigoso dende a área tras un roubo e contraataque dos locais. Ocasión clarísima de Izan que recibe un moi bo pase de Pitero, que á súa vez recibe de forma espectacular de Charly dende cancha propia, disparando o xogador vigués rozando o pau. Dispara preto da cruceta Mauro no 7 tras unha bonita deixada de Bingyoba e devólvea Rudchi pouco despois nun disparo parecido. Falta peligrosísima no minuto 8 que saca Izan pasándolla a Charly que remata cun disparo frontal, pero despexa Moha coas mans. Corre o tempo sen goles pero moito ritmo, con certo dominio do Burela. No 12, Alán róubaa en cancha rival e dispara fóra nunha boa ocasión de contraataque. A pesar dos numerosos intensos e a alta intensidade dos burelaos chega o 1-0 no minuto 14, un tanto de Anuar que chega correndo á área e dispara tras unha parede con Joaki. Boa combinación entre Izan, Raid, Charly e Pitero no 15, que finaliza o pivote burelense pero volve despexar Moha e téntao Charly no 17 pero volve atrapar o balón xunto ao pau o porteiro.
Sácaa co pé Torero no minuto 23 nun lanzamento de falta de Anuar que logra coar o balón raso pola defensa burlense ata o segundo pau, atopándose co porteiro recentemente chegado ao equipo. Segundos despois non logra finalizar Alán unha ocasión clarísima na área local e unha vez máis dous minutos despois nunha boa transición e combinación con Raid. Tras moitos intentos por fin chega o empate, un gol de Izan que a coa desde o segundo pau, rematando un disparo de falta de Bingyoba. Pero no 30 o Melistar logra adiantar o seu marcador cun golazo de Pedro Herreros por toda a escuadra. Vaise rozando a cruceta un bo disparo de Raid no 30 tras un saque de banda e sae Pitero coa camiseta de porteiro-xogador a falta de 7 minutos atacando con xogo de 5 en busca dun gol que achegue o marcador ao empate. Dispara Izan no 35, en situación de 5, pero atrapa Moha e repíteo Bingyoba segundos despois lanzándoa por encima do travesero. Continúa o xogo de 5 axexando a área visitante nestes últimos minutos de xogo e volve lanzar Raid no 37 despexando o porteiro local a córner. Por fin chega o 3-2, en situación de 5, Raid sorprende a Moha tras un bo pase de Alberto dun lado ao outro da área fronte á portería. Continúa o xogo de 5 con Pitero e a presión do Burela pero chega o 4-2, un gol de Ruchdi que remata só na área un bo pase vertical de Javi Ragel, nunha transición rápida con saque longo de porteiro. Continúa o ataque de 4 para 5 e a loita dun Burela que non se rende. Vaise por preto do segundo pau un disparo de Raid a un minuto do final e chega a sexta falta do Burela, disparando e anotando o dobre penalti Pedro Herreros, pechando o partido cun resultado final 5-2.
Ficha Técnica CD Melistar FS 5-2 Reyco Burela FS
CD Melisiar FS (5): Moha; Anuar, Javi Rangel, Joaki, Kavid Mesquita -quinteto inicial,- Rudchi, Pedro Herreros, Iván Fernández, Adri Mora, Salvi, Pablo González, Moha Haddouchi.
Reyco Burela FS (2): Torero; Pitero (C), Charly, Aberto, Izan, -quinteto inicial-, Alán, Raid, Bingyoba, Mauro, Nico.
Goles: 1-0, min. 14: Anuar. 1-1, min. 26: Izan. 2-1, min. 30: Pedro Herreros. 3-1, min. 31: Joaki. 3-2, min. 37: Raid. 4-2, min. 39: Ruchdi. 5-2, min. 40: Pedro Herreros.
Árbitros: Jorge González // Luis Mariano Sánchez // Leticia Góngora // Shaima Mohamed. Por parte do CD Melistar FS viron a tarxeta amarela Javi Rangel (18′) e Iván Fernández (32′). Por parte do Reyco Burela, Raid (15′), Mauro (16′), Izan (38′) e Bingyoba (38′)
Incidencias: Partido correspondente á xornada 16 de Segunda División Masculina disputado no pavillón Javier Imbroda Ortiz de Melilla.






















Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



